Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias

A Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, promovida pola UDC e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, nace co obxectivo de constituírse nun espazo estratéxico e duradeiro arredor da protección civil. O seu centro de adscrición é a Facultade de Ciencias do Traballo.

Aínda que a protección civil conta cunha ampla tradición no ordenamento xurídico español e galego, os aspectos relacionados coa previsión, prevención e planificación, elementos esenciais deste sistema público, non contan aínda, a pesar da súa potencialidade, coa implantación que sería desexable na nosa sociedade.

Coa posta en marcha da Cátedra, pretendemos contribuír á investigación sobre a materia e a dotación de espazos para a formación de profesionais no amplo campo do coñecemento da protección civil.

 

Ano de creación: 2019

Entidade colaboradora: Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Director/a: Moisés Alberto García Núñez

Páxina web: https://www.catedraemerxencias.org/