Calendario e prazos

Calendario de reunións do CEID-UDC (1º semestre): 

  • Martes, 7 de outubro.
  • Martes, 11 de novembro. 
  • Martes, 9 de decembro.
  • Martes, 13 de xaneiro.

Prazo de solicitude: 

Para ser incluída na orde do día da reunión ordinaria do CEID, a solicitude deberá ser enviada con data límite do día vinte e cinco do mes anterior. 

Se a documentación estivera incompleta, o CEID-UDC informará á persoa solicitante para que o emende. A data de solicitude considerarase aquela na que o CEID-UDC reciba a totalidade da documentación requirida.  

Prazo de resposta do Comité: 

Tras a reunión, o CEID-UDC disporá dun prazo non superior a dez días hábiles para emitir o informe correspondente. 

Prazo de revisión: 

No caso de informe Non favorable, a persoa investigadora dispón dun prazo máximo de dous meses, para remitir ao Comité unha solicitude de revisión na que se emenden deficiencias advertidas. De non presentarse dentro do prazo, o proxecto considerarase desfavorable.