Contido da solicitude

No formulario electrónico debe sinalarse se é a primeira solicitude de avaliación do proxecto ou unha solicitude de revisión tras recibir un informe non favorable. A documentación a presentar varía en función do tipo:

Primeira solicitude:

  • Solicitude asinada electronicamente, segundo o modelo facilitado.
  • Proxecto ou traballo de investigación. Debe contemplar os apartados do modelo normalizado do CEID-UDC. Pode presentarse en galego ou castelán. A extensión permitida é de 20 páxinas.
  • Documento de información, compromiso de confidencialidade e consentimento informado. Incluirase como anexo dentro do proxecto. Facilítase unha guía para a súa elaboración.
  • Copia da convocatoria á que se presenta (de ser o caso).

Solicitude de revisión:

  • O código identificador asignado polo CEID no informe anterior.
  • Proxecto ou traballo de investigación. No mesmo documento da solicitude inicial deberán indicarse os cambios realizados nunha cor diferente.
  • Documento explicativo das modificacións realizadas. Deberá responderse de forma precisa e concisa a cada unha das observacións contempladas no informe do CEID-UDC, indicando o número de liña ou páxina correspondente do proxecto onde figura a modificación.