Carmen Lastres Soria

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha estancia Erasmus na Universidade de Borgoña. Especializouse na docencia de Lingua e Literatura Españolas a través do Curso de Orientación Pedagóxica da Universidade da Coruña e no ensino do Español como Lingua Estranxeira, realizando o máster na Universidade Internacional Menéndez Pelayo e no Instituto Cervantes. Así mesmo, ten formación específica no ensino do español a estudantes asiáticos e é examinadora do título oficial que acredita o grao de competencia e dominio da lingua española, DELE.

É profesora no Centro de Linguas desde 2009, traballo que compaxinou con períodos de docencia en Secundaria e Bacharelato.