Preguntas frecuentes

 

Que linguas e que tipo de cursos podo estudar?

O Centro de Linguas ofrece regularmente alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.

Os cursos de linguas estraxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos (verán), e a súa duración establécese en función da súa dificultade e nivel do idioma. 

Cursos preparatorios de estratexias para a superación das probas Acles.

 

Que tipo de cursos se ofertan actualmente?

Cinco tipos de cursos:

1) Os cursos de linguas estranxeiras poden ser cuadrimestrais ou intensivos no verán e a súa duración establécese en función da súa dificultade e do nivel do idioma. 

2) Os cursos de español para alumnado de mobilidade internacional de 30 horas son en setembro e en febreiro. 

3) Cursos preparatorios para a superación das probas Acles.

4) Cursos de inglés académico: escrita e presentacións orais.

5) Cursos temáticos para o verán: ActivEnglish, Cociña en inglés/francés/alemán etc.

 

Como podo saber cal é o meu nivel? Teño que realizar unha proba de nivel antes de inscribirme no curso?

No caso de que non dispoñas de acreditación previa, polo que descoñeces o teu nivel, recomendamos realizar unha proba de autoevaluación: TEST DE NIVEL.

 

Cómpre pertencer á UDC para realizar un curso de idiomas?

Non, persoas alleas á universidade poden estudar tamén no CL.

 

Teñen as mesmas tarifas os membros da UDC e o público externo?

Non, o alumnado, o PAS e PDI da Universidade da Coruña teñen unha redución.

 

Cal é a idade mínima/máxima para inscribirse no Centro de Linguas?

A idade mínima é de 16 anos e non hai idade máxima.

 

Onde e como debo inscribirme?

En OFERTA CURSOS atoparás información sobre todos os cursos con inscrición aberta, poderás subir a documentación necesaria e pagar con tarxeta.

 

Que tipos de diplomas podo obter tras a asistencia aos cursos do CL?

  • Diploma de asistencia: para obtelo é necesario asistir polo menos ao 85% do curso (faise control de asistencia nas aulas). Nos certificados figura o número de horas do curso e as datas en que se realizou.
  • Diploma de aproveitamento (con dereito a créditos): é preciso unha asistencia a, no mínimo, un 85% das horas lectivas e a superación do correspondente exame. Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, as datas en que se realizou, onúmero de créditos ECTS e a nota obtida.
  • Diploma de aproveitamento (sen dereito a créditos): é preciso a superación do correspondente exame. Nos certificados figura o nome do curso, o nivel, o número de horas, as datas en que se realizou e a nota obtida.

   Prazos de expedición: os diplomas entréganse no prazo mínimo dun mes tras a finalización do exame.

 

Podo inscribirme no segundo cuadrimestre sen ter feito o primeiro?

Si se pode, sempre que teñas o nivel adecuado para acceder ao cuadrimestre que queres cursar.

 

Cando son os exames dos cursos?

Ao final de cada cuadrimestre. Normalmente realízase o último día de clase.

 

A miña inscrición inclúe o exame?

Si.

 

En que casos podo pedir a devolución do importe da inscrición?

Para a devolución do importe da matrícula séguense os criterios seguintes:

  • Só procederá devolución do importe íntegro da matrícula cando, por causas non imputables aos usuarios, non se realice a actividade a instancia do Centro de Linguas.
  • O Centro pode devolver o importe nos casos especiais que considere xustificados, sempre que se solicite por escrito ao Centro de Linguas no impreso de solicitude de devolución de devolución  habilitado para estes efectos, ata cinco días hábiles posteriores ó inicio do curso.

 Consideránse xustificados os seguintes casos:

  • Cando se produza a sinatura dun contrato laboral que implique incompatibilidade horaria co curso no que se matriculou. Debe achegar copia do contrato de traballo
  • Por causa de accidente ou doenza que imposibilite seguir con regularidade o desenvolvemento do curso. Debe achegar xustificante médico.
  • Por causas imputables á UDC en actividades académicas, que imposibilite asistir ao curso.  Debe achegar xustificante da Institución.

Cando se considere xustificada a devolución, o Centro de Linguas reterá 12 € en concepto de gastos de xestión.

O prazo estimado para recibir a devolución é dun mes desde a entrega por parte do alumno do impreso de devolución.

 

Cal é o recoñecemento dos certificados de dominio de nivel (CertAcles) do Centro de Linguas?

Como membro acreditado de Acles e Cercles, o diploma de acreditación de nivel expedido ten recoñecemento na contorna universitaria española e europea. Contan, ademais, co aval da CRUE como modelo de acreditación de idiomas.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou no DOG de data 7 de xullo de 2016, a Orde  pola cal se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas estranxeiros.

Esta orde amplía o recoñecemento ás certificacións co selo de CertAcles expedidos polas Universidades da Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior (ACLES), para os efectos de acreditar a competencia en idiomas do profesorado

 

Podo acadar a miña acreditación de inglés no Centro de Linguas?

Si, o Centro de Linguas da UDC estableceu varios mecanismos para acreditar o nivel de inglés:

  • Acreditacións dos Centros de Linguas CertAcles (Certcles) para os niveis B1 e B2.
  • Acreditacións externas das cales somos examinadores oficiais: IELTS (British Council), APTIS (British Council).

 

Eu xa teño terminada a miña carreira, entón necesitarei estas acreditacións?

Podes necesiar a acreditación para solicitar diversas bolsas ou, coa nova normativa, para poder acceder, por exemplo, ao novo "Mestrado de Formación do Profesorado para o Ensino Secundario e Bacherelato" e outros mestrados.