A Universidade da Coruña a través da Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación convoca axudas para mellorar as competencias lingüísticas do profesorado e do estudantado da UDC.
Data límite das solicitudes:
8 de maio para os cursos de verán
1 de setembro para os cursos do primeiro cuadrimestre
9 de decembro para os cursos de xaneiro e segundo cuadrimestre
Data límite das solicitudes:
10 de maio para os cursos de verán
6 de setembro para os cursos do primeiro cuadrimestre
12 de decembro para os cursos de xaneiro e segundo cuadrimestre
Recoñecemento de créditos pola aprendizaxe lingüística. Cursos regulares do Centro de Linguas
Os estudantes que realizaren cursos regulares no Centro de Linguas da UDC poderán obter o recoñecemento de créditos por actividades de aprendizaxe lingüistica, para máis información, vexa o anexo II do Procedemento de recoñecemento de créditos por actividades nos graos da UDC.
O Centro de Linguas emitirá a acreditación correspondente para cada participante que reúna as condicións de asistencia (nun 85%) e de superación do curso. A acreditación poderá recollerse a partir do momento en que reciba unha mensaxe de correo electrónico comunicando que xa está realizada (normalmente, poucos días despois de finalizados os cursos).
O Centro de Linguas tamén estende unha acreditación diferente ás persoas que superen os cursos sen reuniren o requisito de asistencia establecido nos Regulamentos. Esta acreditación é válida para inscribirse no nivel superior ao cursado, mais non ten validez para o recoñecemento de créditos.
Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2026/27 ou cursar unha titulación bilngüe, ten presentes os requisitos linguísticos e prepárate!!!
Requisitos lingüísticos do programa Erasmus+ ou bilateral:
Satisfacer o nivel esixido pola institución de destino
Cumprir coas esixencias mínimas da UDC que son as seguintes para o curso 2026/27:
a) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en inglés, necesitarás acreditar o nivel B1
b) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en francés, alemán, italiano necesitarás o nivel A2
c) Para optar ás universidades onde os programas se imparten en portugués necesitarás o CELGA 4 ou o nivel A1
d) Para optar ás universidades onde se imparten en calquera lingua distinta das indicadas nos puntos anteriores, necesitarás acreditar un nivel B1 de inglés
Como acreditar o nivel esixido.
Certificado de ter superado o exame IELTS.
Certificado de ter superado o exame en liña Aptis.
a) Cos certificados das diferentes institucións recoñecidos nas táboas de equivalencias ACLES, para inglés según as táboas de equivalencias da Crue
b) Cos diplomas do Centro de Linguas correspondentes aos cursos de final do nivel esixido ou de nivel completo
c) Coas probas de dominio (agás inglés), en decembro. Presentación por libre.
Requisitos lingüísticos para cursar unha titulación bilingüe: acreditar un nivel B1 de inglés (ou B2 para titulacións que así o requiran)