Investigador responsable: José Luis Calvo Rolle
O Laboratorio de Radiactividade Ambiental (LRA-UDC) nace en 1997 coa firma dun convenio de colaboración co Consello de Seguridade Nuclear (CSN), polo que pasa a formar parte da Red de Estaciones de Muestreo (REM, red densa) da Red de Vigilancia Radiológica (Revira), sendo o único de toda a comunidade autónoma de Galicia para este cometido e con estas características. O LRA-UDC realiza medidas de radiactividade para mostras de aire, auga, leite, chan e dieta tipo (comida).
A empresa AENOR certificou o cumprimento dos requisitos especificados na norma ISO 9001: 2015, co seguinte alcance: “Diseño y realización de análisis de radiactividad en muestras ambientales”
O traballo deste laboratorio desenvólvese no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, onde conta cunhas instalacións e un equipamento altamente especializados.