Investigadores responsables: María Carmen Meizoso López ; Francisco Zayas Gato
O Laboratorio de Sistemas Electrónicos e Automáticos constitúe a área do grupo adicada á investigación en electrónica e automatización industrial. As súas liñas de traballo exploran novas solucións en control automático, robótica, visión artificial, sistemas embebidos ou laboratorios virtuais, contribuíndo significativamente ao avance científico e ao desenvolvemento de aplicacións prácticas en diversos sectores.