Modificación de guías docentes públicas

Este procedemento aplícase cando é necesario modificar guías docentes de materias oficiais fóra do período ordinario de elaboración, e non será de aplicación ás modificacións que afecte á sección "Información da Guía Docente", as cales se actualizan automaticamente na guía docente unha vez incorporados os cambios nos módulos correspondentes da aplicación de xestión académica.

O obxectivo é garantir que calquera cambio (que soamente debería producirse de maneira excepcional) estea aprobado polos órganos competentes responsables das guías que se van modificar (departamentos e centros) e validado pola coordinación da titulación antes da súa publicación.

pasos previosPasos previos

  1. Identificación da necesidade de modificación

    • Quen? Profesorado da materia ou materias, coordinación da titulación ou equipos de dirección de centros e departamentos.

    • Calquera pode detectar un erro ou necesidade de actualización nas guías docentes e iniciar a proposta de modificación.

  2. Aprobación previa dos cambios

    • Quen? Os órganos responsables das materias: departamentos que participan na docencia e o centro responsable da titulación na UDC.

    • Cada departamento e centro segue os seus propios procedementos internos para aprobar ou denegar modificacións. O CUFIE non intervén nesta fase, pero é imprescindible que os cambios estean aprobados por todos os departamentos implicados e polo centro responsable antes de solicitar a apertura da titulación para modificar as guías docentes afectadas.

procedimientoProcedemento

  1. Solicitude de apertura do período extraordinario

    • Quen? Coordinación da titulación.

    • TrámiteO coordinador ou coordinadora, unha vez teña constancia da aprobación dos cambios por parte dos órganos competentes, solicita ao CUFIE a apertura da titulación mediante o formulario específico.
      Non se deben enviar actas nin documentación adicional por outras vías. O CUFIE soamente require a solicitude formal a través do formulario.

  2. Apertura da titulación para a modificación de guías docentes

    • Quen? CUFIE.

    • O CUFIE habilita o período extraordinario de edición das guías docentes para a titulación correspondente.

  3. Devolución das guías afectadas

    • Quen? Coordinación da titulación.

    • A coordinación devolve as guías ao profesorado responsable das materias afectadas para que introduzan os cambios aprobados.

  4. Edición das guías

    • Quen? Profesorado das materias afectadas.

    • O profesorado traslada os cambios ás guías docentes e envíaas á coordinación da titulación para a súa validación.

  5. Validación e publicación

    • Quen? Coordinación da titulación.

    • A coordinación revisa as guías modificadas:

      • Se son correctas, procede á súa validación e publicación.

      • Se non son correctas, devólveas ao profesorado para corrixir (paso 4).

    • Notificación: Unha vez validadas e publicadas, o coordinador da titulación debe comunicar ao CUFIE o peche do proceso mediante unha mensaxe a gadu@udc.es.

  6. Peche da titulación

    • Quen? CUFIE.

    • O CUFIE pecha o período extraordinario de modificación e notifica á coordinación da titulación que o proceso finalizou.

consideracionesConsideracións importantes

A modificación dunha guía docente publicada debe considerarse unha medida excepcional, que soamente se realizará cando estea xustificada por causas debidamente motivadas e aprobada polos órganos responsables da titulación.
 
Para garantir a seguridade xurídica do procedemento e evitar posibles reclamacións por parte do estudantado, recoméndase:
  • Que as actas das reunións nas que se aproben as modificacións recollan de forma clara os cambios autorizados e a súa xustificación.
  • Evitar cambios que poidan prexudicar as expectativas académicas do estudantado, especialmente se afectan á metodoloxía, avaliación ou carga de traballo prevista no momento da matrícula.
A vicerreitoría con competencias en organización académica poderá solicitar as devanditas actas no marco dunha reclamación ou proceso de revisión.

preinscricionFormulario de solicitude de apertura de titulación para editar modificacións de guía docente, aprobadas polo Departamento e Centro