III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña (2023)

A Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente fan pública a convocatoria dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.

Establécense tres modalidades de participación, con dous premios por cada modalidade, coas seguintes dotacións:

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Sustentabilidade (patrocinado pola Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible)

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Atención á Diversidade

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

Premio á Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo en Materia de Redución das Desigualdades

  • premio: 600 €
  • premio: 400 €

 

O prazo de presentación das candidaturas remata o 29 de setembro de 2023

Comisión avaliadora

As candidaturas que se presenten serán valoradas unha comisión avaliadora externa formada polas seguintes persoas especialistas en aprendizaxe-servizo:

  • José Eugenio Rodríguez Fernández, Universidade de Santiago de Compostela
  • Almudena Alonso Ferreiro, Universidade de Vigo
  • Ángel Fernández Castro, director da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desarrollo Sostenible
  • Ana Lampón Gude, Solidariedade Internacional de Galicia

Documentos de interese

Acceso á convocatoria

Anexo I. Solicitude da Candidatura

Resolución da convocatoria