A difusión dos Obradoiros de Microsoft 365 faise por dobre vía: a través das listaxes de correo da UDC e a través da web do CUFIE.
Os obradoiros terán lugar entre outubro de 2025 e maio de 2026, nas datas indicadas no programa de cada un dos obradoiros.
Os obradoiros realizaranse en reunións a través de Microsoft Teams.
A preinscrición realizarase a través de formularios electrónicos na web do CUFIE, dentro dos prazos establecidos, sinalados en cada unha das quendas correspondentes a cada obradoiro.
Os formularios abriránse ás 10:00 horas do primeiro día da preinscrición ate as 23:59 horas da do último día.
A preinscrición non implica estar matriculado no obradoiro por mor do límite de prazas (40 en cada obradoiro). A confirmación da admisión en cada obradoiro comunicarase por correo electrónico ao enderezo que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente publicaranse as listaxes na web do CUFIE.
Para que un obradoiro poida celebrarse require dun mínimo de 15 participantes.
Toda aquela persoa que non puider asistir o obradoiro en que sexa admitida, debe comunicalo ao CUFIE, para avisar outra persoa interesada da listaxe de agarda.
O prazo de notificación da renuncia ao curso é de 3 días lectivos antes do inicio do obradoiro e terá que ser enviada, por correo electrónico ao enderezo ufa@udc.es.
As prazas adxudicaranse por orden de recepción das solicitudes do formulario habilitado.
Emitirase un único documento acreditativo expedido pola Universidade da Coruña, asinado polo vicerreitor de titulacións e internacionalización e o director do CUFIE, no que se recollerá só aqueles obradoiros nos que se participou e o número de horas totais cursadas. Este certificado emitirase ao remate do último dos obradoiros.
Os certificados enviaranse por correo electrónico á conta de correo corporativo da persoa interesada.
Para que a participación sexa certificada terase a obriga de asistir un mínimo do 85% do obradoiro e, de ser o caso, superar as tarefas asignadas.