Marzo 2026 (preinscripción: 9 ao 15 de febreiro)

Duración:
12 horas
Datas:
  • Do 2 ao 31 de marzo (UDCOnline)
Modalidade:
Virtual asíncrono
Lugar:
UDCOnline
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-MDMDAD-procesos

DIGCOMPEDU-5ODS-04

Obxectivos

  • Crear contornas de aprendizaxe flexibles.
  • Traballar sobre a propia materia para garantir unha educación inclusiva e equitativa.
  • Proporcionar ferramentas e recursos para fomentar a inclusión do estudantado no ensino superior.
  • Aplicación da intelixencia artificial no deseño de materiais accesibles.

Contidos

  • O Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) e os ecosistemas de aprendizaxe inclusivos. Conceptos fundamentais.
  • Recursos e estratexias no deseño das materias para ecosistemas inclusivos de aprendizaxe.
  • Creación de materiais accesibles para todas as persoas.
  • A potencialidade da IA para favorecer a accesibilidade.

Metodoloxía

A metodoloxía será moi similar á empregada nas comunidades de prácticas na que se traballa colaborativamente e onde a aprendizaxe é derivada dos debates e as actividades conxuntas. Trátase dun curso moi interactivo dinamizado a través da, polo que é preciso ter a dispoñibilidade de participar nas actividades colectivas, xa que a intención é a ampliación de coñecementos e aplicación práctica de todo o que se vaia aprendendo. A idea é crear solucións en base a retos que se presentan cada día e a realidade de cada unha das aulas.

Profesorado

Nome: Sonia Seijas Ramos
Universidade: Universidade da Coruña

 

Ficha descargable

Listaxe de preinscrición

Listaxe de admisión

Duración:
16 horas
Datas:
  • Do 2 ao 31 de marzo (UDCOnline)
  • 9, 16 e 23 de marzo (Teams) en horario de 17:30 a 20:30
Modalidade:
Virtual síncrono e asíncrono
Lugar:
UDCOnline e Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-TEMDAD-procesos

DIGCOMPEDU-2ODS-04

Obxectivos

  • Descubrir os principais tipos e e uso do vídeo en educación.
  • Crear estratexias e usar ferramentas para crear interactividade co vídeo na aula.
  • Dotar de estratexias ao profesor para que poida elaborar os seus propios vídeos educativos e saiba orientar ó seu alumnado na vídeo produción.
  • Coñecer e usar diferentes apps de dispositivos móbiles que permiten crear vídeos multimedia que permiten diferentes técnicas.
  • Aprender a usar dispositivos dixitais para gravar vídeos (cámaras e dispositivos móbiles).Coñecer e aplicar o fluxo de traballo para crear un vídeo educativo ou titorial.
  • Introdución e manexo básico de capturadoras de pantalla con camtasia studio.
  • Distribuír vídeos a través da creación dunha canle en YouTube

Contidos

  • O vídeo en educación: diferentes usos e tipoloxía, optimización da duración e estrutura. Xénero documental, vídeo titoriais, vídeo leccións, VR, interactivos…
  • Dinamización de sesións de aula con vídeo: Kahoot.
  • Solucións online que permiten interactividade: Edpuzzle.
  • Fluxo de traballo na vídeo produción:
    • Preprodución: elaboración de guión e storyboard, busca de material que apoie o noso vídeo (texto, imaxe, vídeo, son..). Materiais con copyright, libres e Creative Commons. O buscador de contidos CC search. Repositorios multimedia. Principais tipos de planos, angulación e movementos de cámara. Elaboración e optimización de diapositivas power point para usalas de base na captura de pantalla (screencasting).
    • Produción: Principais tipos de cámaras, dispositivos móbiles e webcams. Creación de vídeo leccións coa app Explaing everything en dispositivos móbiles. Apps para a creación de vídeo. Introdución a técnicas de Stop motion, Time lapse e chroma key (app Touchcast) con dispositivos móbiles. Rodaxe de vídeo con dispositivos móbiles e cámaras. Suxeición correcta de cámaras e dispositivos móbiles. Encadre, enfoque e medición da luz.
    • Prot-produción: Edición básica de vídeo con Clipchamp studio. Creación de proxectos. Importar e agregar elementos multimedia á liña de tempo, edición con dúas pistas: reordenar, cortar e dividir clips. Destacado do movemento de cursor.

Metodoloxía

Explicacións breves e concisas seguidas de prácticas usando cámaras de vídeo, micrófonos, trípodes, dispositivos móbiles e ordenadores.

As explicacións presenciais tamén estarán dispoñibles a través de videotiroriais.

Todas as cuestións tratadas terán exercicios prácticos.

Profesorado

Nome: Xacobo de Toro Cacharrón
Universidade: CPI O Cruce (Cerceda)

 

Ficha descargable

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Duración:
10 horas
Datas:
  • 9, 10 e 12 de marzo de 10:30 a 14:00 (Teams) 
Modalidade:
Virtual síncrono
Lugar:
Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC
 
 

UDC-CSITMDAD-fundamentos

DIGCOMPEDU-1ODS-04

Obxectivos

  • Delimitar as funcións dos axentes que interveñen no proceso de doutoramento
  • Mellorar a planificación e o seguimento do traballo dos/as doutorandos/as

Contidos

  • Funcións, responsabilidades e límites do equipo de dirección/titoría.
  • Claves para a planificación e o seguimento do traballo dos/as doutorandos /as. Xestión do tempo, retroalimentación e feedback docente.
  • O papel dos equipos de dirección no benestar e no compromiso dos/as doutorandos/as. Factores de risco e protección no benestar. Estratexias de liderado, conciliación e resiliencia ante os fracasos.

Metodoloxía

  • Presentación de información con apoio visual. Estudo de caso. Resolución de problemas.

Profesorado

Nome: Susana Rodríguez Martínez
Universidade: Universidade da Coruña

 

Ficha descargable

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Duración:
12 horas
Datas:
  • 16, 18, 23 e 25 de marzo de 16:00 a 19:00 (Teams) 
Modalidade:
Virtual síncrono
Lugar:
Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-CSITMDAD-fundamentos

DIGCOMPEDU-1ODS-04

 

 

Obxectivos

  • Desenvolver técnicas de análise e investigación para a súa adaptación á evolución da sociedade da información.
  • Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • Contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Contidos

  1. Puntos chaves para o deseño do guión da entrevista.
  2. Determinando o contido de cada pregunta e proceso de diseño do cuestionario (do cuali ao cuanti).
  3. Determinantes de éxito dun Grupo de Discusión para a colecta grupal.
  4. Análise de Contido – paso a paso para a validación dos resultados.
  5. Análise Sociolóxico dos Discursos – comprendendo o que din os informantes.

Metodoloxía

Clases no formato exposición dialogada de material extratexto coordenada polo docente responsable do curso. O alumnado realizará en grupos de ata 4 integrantes unha práctica de colecta (entrevista e grupo de discusión) e de análise dos resultados xerados nesta colecta (Análise Sociolóxico dos Discursos). A práctica de colecta de datos será realizada e gravada en aulas. A temática será definida en común acordo co docente.

Profesorado

Nome: Jackson Renner Rodrigues Soares
Universidade: Universidade da Coruña

 

Ficha descargable

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Abril 2026 (preinscrición: 9 ao 15 de marzo do 2026)

Duración:
12 horas
Datas:
  • Do 1 ao 30 de abril (UDCOnline)
  • Dúas sesións a determinar (Microsoft Teams)
Modalidade:
Virtual asíncrono e síncrono
Lugar:
UDCOnline e Microsoft Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-ESDMDAD-procesos

DIGCOMPEDU-3ODS-04

Obxectivos

  • Coñecer os principais factores que impactan na motivación do estudantado e que son susceptibles de cambios dende o deseño instruccional
  • Remarcar aspectos chave e estratexias flexibles que permitan dinamizar e titorizar diferentes aspectos dos cursos en formato presencial, semipresencial ou online.
  • Que os/as participantes fagan unha proposta final na que realicen cambios no seu deseño instruccional actual para engadir os elementos contidos neste curso

Contidos

  • Principios básicos da aprendizaxe conectada que impactan no enganche dos/as estudantes.
  • Principios e estratexias de dinamización de espazos de traballo
  • Principios e estratexias de dinamización e titorización de tarefas de coñecemento
  • Principios e estratexias de dinamización e titorización do deseño social da actividade.

Metodoloxía

O curso terá unha estrutura de Aprendizaxe Baseada en Tarefas (en total 3 tarefas), nas que se introducirán os contidos a través de vídeos, discutiranse en seminarios presenciais online (2 de 2 horas cada un) e se desenvolverán tarefas específicas de forma individual, tomando como punto de partida o propio deseño da asignatura de preferencia do/a propio/a docente.

Polo mesmo, é importante que, antes de comezar o traballo, o profesorado asistente elixa e organice a documentación específica de deseño instruccional da materia que desexe, engadindo guía docente, instruccións aos/as estudantes, exames, etc.

Profesorado

Nome: Linda Castañeda Quintero
Universidade: Universidad de Murcia

Listaxe de preinscrición

Listaxe de admisión (cando remate o período de adxudicación de prazas)

Ficha descargable do curso

Duración:
12 horas
Datas:
  • Do 7 ao 30 de abril (UDCOnline)
Modalidade:
Virtual asíncrono
Lugar:
UDCOnline
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-MDMDAD-procesos

DIGCOMPEDU-3ODS-04

Obxectivos

  • Coñecer as características da asignatura do TFG e o TFM
  • Saber adaptar a labor de tutela ás características desta asignatura nos respectivos Graos e Mestrados
  • Aprender a desenvolver as ferramentas que apoien a labor de tutela deste tipo de traballos

Contidos

  • O TFG/TFM nos Graos e Mestrados universitarios
  • Características do TFG/TFM como asignatura
  • Pedagoxía da supervisión e competencias do titor
  • Ferramentas de tutela e competencias do estudante
  • A relación tutelar e o proceso evolutivo do TFG/TFM

Metodoloxía

Curso eminentemente práctico no que se traballarán diversas estratexias e ferramentas para a titorización de TFG e TFM.

Profesorado

Nome: Beatriz Martín del Campo
Universidade: Universidad de Castilla-La Mancha


Listaxe de preinscrición

Listaxe de admisión (cando remate o período de adxudicación de prazas)

Ficha descargable do curso

Duración:
12 horas
Datas:
  • 7, 10 e 14 de abril de 2026: 12:00 a 14:00 h
    + 6 horas de traballo autónomo
Modalidade:
Virtual asíncrono e síncrono
Lugar:
UDCOnline e Microsoft Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC
 

UDC-MDMDAD-procesos

DIGCOMPEDU-4ODS-04

Obxectivos

  • Ao finalizar a formación os/as participantes serán capaces de:
    • Coñecer as características das boas prácticas de avaliación.
    • Comprender o sentido e importancia do aliñamento constructivo.
    • Deseñar o sistema de avaliación da asignatura cunha finalidade formadora.

Contidos

1. Características das boas prácticas de avaliación.
2. Finalidades dos procesos de avaliación.
3. Feedback como chave da avaliación formadora.
4. Prácticas e instrumentos de avaliación.

Metodoloxía

O curso impartirase en liña. Combinará sesións síncronas a través de Teams con sesións de traballo autónomo asíncrono.

Profesorado

Nome: Elena Cano García
Universidade: Universitat de Barcelona

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión (cando remate o período de adxudicación de prazas)

Ficha descargable do curso

Duración:
12 horas
Datas:
  • 13, 14 e 15 de abril (Teams) en horario de 16:00 a 20:00
Modalidade:
Virtual síncrono
Lugar:
Microsoft Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-MDMDAD-curriculo

DIGCOMPEDU-3
ODS-17

 

 

Obxectivos

El objetivo general de este curso es dar herramientas a los investigadores e investigadoras predoctorales para trasladar los mensajes clave de su investigación a distintos interlocutores con el fin de abarcar al público general, a los medios de comunicación y a posibles entidades inversoras en sus proyectos.

Cuenta con tres objetivos específicos:

  1. Aprender a adaptar el contenido al público y a distintos formatos (charla, vídeo, artículo…)
  2. Prepararse para las interacciones con la prensa y medios de comunicación (radio, TV, prensa escrita, podcast…)
  3. Asimilar estrategias de comunicación y negociación vinculadas a la filantropía y a la captación de fondos para proyectos de investigación y/o difusión de la ciencia.

Contidos

La formación se divide en tres bloques de contenido repartidos en las 3 sesiones. Cada sesión tendrá una temática alineada con los tres objetivos del curso. Cada investigador/a tomará como línea de trabajo su propia tesis y a lo largo de las sesiones trabajaremos en cómo comunicarla acorde a los tres objetivos:

  • Divulgación.
  • Medios de comunicación.
  • Captación de fondos.

Metodoloxía

Cada sesión de Teams estará destinada a uno de los objetivos del curso. En cada sesión habrá una parte inicial expositiva para poner en contexto la temática del día. El resto de la sesión consistirá en una dinámica de presentación de casos y valoración colectiva de como aplicar a cada caso las estrategias aprendidas en la parte expositiva.

Entre sesiones se dejarán pequeñas tareas enfocadas a ir completando todos los niveles de estrategia de comunicación del proyecto de tesis de los investigadores/as.

Profesorado

Nome: Tamara Pazos Cordal
Universidade: Universidade da Coruña

 

Listaxe de preinscrición

Listaxe de admisión (cando remate o período de adxudicación de prazas)

Ficha descargable do curso

A seguinte preinscripción estará aberta do 9 de marzo do 2026 ás 10:00h ata o 15 de marzso do 2026 ás 23:59

Maio 2026 (preinscripción: 7 ao 13 de abril)

Duración:
12 horas
Datas:
  • Do 4 ao 31 de maio (UDCOnline)
Modalidade:
Virtual asíncrono
Lugar:
UDCOnline
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-MD
MDAD-curriculo

DIGCOMPEDU-3
ODS-04

Obxectivos

O curso ten como obxectivo xeral facilitar ao profesorado os coñecementos e ferramentas necesarias para elaborar, revisar e xestionar guías docentes de calidade, axustadas á normativa institucional.

De maneira específica, preténdese que o profesorado participante sexa capaz de:

  • Comprender o sentido académico, pedagóxico e normativo da guía docente.
  • Identificar o papel da guía docente como instrumento básico de planificación, coherencia e transparencia.
  • Recoñecer o carácter oficial e vinculante da guía docente como contrato académico entre profesorado e alumnado.
  • Coñecer o marco normativo da UDC en materia de planificación docente, así como as obrigas institucionais asociadas á elaboración e publicación das guías docentes.
  • Comprender a relación entre a memoria do título, o plan de estudos e a guía docente, como niveis de concreción progresiva da planificación académica.
  • Diferenciar e manexar correctamente os conceptos clave, especialmente o crédito ECTS, os resultados de aprendizaxe e as competencias.
  • Utilizar a aplicación institucional SIGMA para elaborar, editar e validar guías docentes, evitando erros técnicos e incoherencias frecuentes.

Contidos

  1. Sentido e marco normativo da guía docente
    • O EEES como marco referencial
    • A guía docente como instrumento de planificación, transparencia e calidade
    • A guía docente como contrato académico co alumnado
    • Normativa da UDC sobre planificación docente
    • Relación entre memoria do título, plan de estudos e guía docente
  2. Estrutura e elaboración da guía docente na UDC
    • Elementos e apartados da guía docente
    • Competencias, resultados de aprendizaxe e créditos ECTS
    • Metodoloxías docentes e planificación da carga de traballo
    • Sistemas de avaliación e criterios de cualificación
  3. Elaboración e xestión da guía docente na aplicación SIGMA
    • Introdución a SIGMA e lóxica de funcionamento
    • Edición dos distintos apartados da guía docente
    • Validación, envío e modificacións da guía

Metodoloxía

O curso impártese en modalidade en liña e autoformativa, a través da plataforma Moodle da Universidade da Coruña, cunha duración total estimada de 12 horas de traballo.

A metodoloxía baséase no traballo autónomo do profesorado participante, apoiado en materiais didácticos dixitais (contidos teóricos, vídeos titoriais, presentacións interactivas e documentos de apoio), que permiten unha aprendizaxe flexible e ao propio ritmo.

O curso inclúe actividades prácticas e de autoavaliación, orientadas á aplicación dos contidos e á consolidación das aprendizaxes, con feedback automático.

Durante o período de realización do curso, ofrécese titorización individualizada de apoio, de carácter voluntario, para a resolución de dúbidas ou dificultades que poidan xurdir ao longo do proceso formativo.

Profesorado

Nome: Juan Carlos Brenlla
Universidade: Universidade da Coruña

 

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Ficha descargable do curso

Duración:
10 horas
Datas:
  • 4 ao 31 de maio do 2026 (UDCOnline)
  • Seminarios en liña (Teams): 5, 7, 12 e 14 de maio de 17.00 a 19.00
Modalidade:
Virtual síncrono e asíncrono
Lugar:
UDCOnline e Microsoft Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC, preferentemente con responsabilidade na dirección de grupos docentes, de investigación ou de traballo. 

UDC-CSIT
MDAD-fundamentos

DIGCOMPEDU-1
ODS-16

Obxectivos

  • Comprender a necesidade e importancia do establecemento de metas e obxectivos compartidos nos grupos de traballo e organizacións universitarias.
  • Comprender a importancia do liderado, a coordinación e a comunicación no funcionamento e desenvolvemento dos grupos e equipos de traballo.
  • Adquirir habilidades e coñecementos básicos para integrar os modelos propostos de liderado, coordinación e comunicación no ámbito docente ou investigador de cada asistente.  

Contidos

  • FUNDAMENTOS DOS GRUPOS E EQUIPOS DE TRABALLO: Identidade, misión, metas e obxectivos. Mecanismos de control: medidas e indicadores. Estrutura. Grupos de alto rendemento. Metas comúns e socialización.
  • LIDERADO: Dirección de tarefas e dirección de persoa. O modelo de liderado situacional. O clima do grupo, colaboración e participación.
  • COORDINACIÓN: Misión do coordinador, tarefas e responsabilidades. Metas comúns. Etapas da coordinación, planificación, realización e avaliación e mellora de resultados.
  • COMUNICACIÓN: Cualidades dunha boa comiunicación. Fluxos de información nas organizacións. Reunións eficaces.  

Metodoloxía

Nas sesións combinaranse exposicións e actividades prácticas de aplicación co alumnado

Profesorado

Nome: Ernesto de los Reyes 
Universidade: Universidad Politécnica de Valencia

 

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Ficha descargable do curso

Duración:
15 horas
Datas:
  • 18, 19, 20, 21, 25 e 26 de maio (Teams) en horario de 9:30 a 12:00h
Modalidade:
Virtual síncrono
Lugar:
Teams
Prazas:
30
Destinatarios:
Profesorado da UDC 
Requisitos: Para a realización do curso, requírense coñecementos iniciais de uso do SPSS.

UDC-TE
MDAD-fundamentos

DIGCOMPEDU-1ODS-09

Obxectivos

Co presente curso preténdese que o interesado/a adquira un coñecemento comprensivo dos modelos básicos de análise de datos facendo uso do programa SPSS, un recurso informático actualmente disponible para todos/as os/as usuarios/as da UDC. Os coñecementos adquiridos poden ter importantes aplicacións na metodoloxía da investigación científica dos/das asistentes ao curso, tanto no que atinxe á aplicación da estatística como á comprensión do funcionamento do  programa SPSS.

Contidos

  • Análise factorial exploratoria e confirmatoria.
  • Análise de fiabilidade.
  • Análise de clusters.
  • Regresión múltiple.
  • Análise de varianza avanzado (Nivel II).

Metodoloxía

O curso será interactivo, oscilando contínuamente entre teoría e práctica. En cada bloque de contidos, empezaráse expoñendo un concepto e acto seguido o/a asistente ao curso practicará con datos no SPSS ata que o domine. Procederáse así ata esgotar todos os contidos do programa.

Profesorado

Nome: Constantino Arce Fernández
Universidade: Universidade de Santiago de Compostela

 

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Ficha descargable do curso

Duración:
12 horas
Datas:
  • 4 ao 31 de maio (UDCOnline)
  • 13 e 27 de maio de 10:00 a 13:00 (Aula multiusos - Edificio Xoana Capdevielle)
Modalidade:
Virtual e presencial
Lugar:
UDCOnline e presencial
Prazas:
16
Destinatarios:
Profesorado da UDC

UDC-TE
MDAD-procesos

DIGCOMPEDU-2
ODS-09

Obxectivos

  • Comprender o concepto de percorridos de 360 e diferencialo doutros recursos visuais similares.
  • Aprender sobre as ferramentas, os dispositivos e o software necesarios para crear imaxes e percorridos 360.
  • Crear imaxes 360 con smartphones.
  • Desenvolver percorridos virtuais de 360 usando Moodle.
  • Analizar outros dispositivos e softwares para creación de imaxes 360 e rutas 360.
  • Aprender a utilizar os recursos cos que conta o CUFIE a disposición da comunidade universitaria: software 360, cámaras 360 e gafas de realidade virtual.
  • Visualización mediante smartphones, tablets e gafas de realidade virtual.

Contidos

  • Introdución ao concepto de tecnoloxía 360.
  • Dispositivos e software necesarios para crear imaxes, vídeos e rutas 360.
  • Procedemento completo para xerar imaxes de 360° e preparar material fotográfico axeitado.
  • Creación de percorridos de 360 con diferentes plataformas e ferramentas, incluíndo opcións gratuítas.
  • Aplicacións educativas dos percorridos de 360 e exemplos prácticos do seu uso en contextos educativos.

Metodoloxía

O curso divídese en dúas partes:

Parte telemática. Formación asíncrona en UDCOnline onde as persoas participantes poderían achegarse a unhas bases teóricas desta metodoloxía.

Parte presencial. Sesión presencial para aprender a manexar os recursos cos que conta a o CUFIE e que se ofrecen a disposición da comunidade universitaria: software 360, cámaras 360 e gafas de realidade virtual.

Profesorado

Nome: Isabel Lamas Galdo
Universidade: Universidade da Coruña

 

Listaxe de preinscripción

Listaxe de admisión

Ficha descargable do curso