Obxectivos

  • Desenvolver competencias docentes: O colectivo destinatario é especialista no seu campo de coñecemento, pero na maioría dos casos non o é no que conleva a función docente. Esta proposta formativa tentará proporcionarlles ferramentas e estratexias para planificar e desenvolver o seu proxecto docente, avaliar a aprendizaxe do estudantado e empregar recursos educativos innovadores.   
  • Mellorar a calidade do ensino na UDC e o impacto no proceso de aprendizaxe do estudantado.  
  • Promover a excelencia docente a través de habilidades como a comunicación efectiva, a capacidade de adaptarse á diversidade do alumnado, a xestión das aulas e o fomento da participación activa do estudantado na aprendizaxe.  
  • Promover a reflexión sobre a práctica educativa propia, de modo que se senten as bases dunha visión académica da docencia.