A difusión do Plano de Formación Inicial faise por dobre vía: a través das listaxes de correo da UDC e a través da web do CUFIE.
O Plano desenvolverase entre novembro de 2024 e xuño de 2025, nas datas indicadas no programa de cada un dos módulos.
Os cursos realizaranse en modalidade online, a través do Campus Virtual da UDC.
Profesorado da Universidade da Coruña con catro anos ou menos de experiencia docente con docencia recoñecida no POD e persoal FPU vinculado á resolución do 19 de novembro de 2015 do BOE (ligazón) e posteriores.
Se o interesado perde a súa vinculación coa Universidade da Coruña, non poderá seguir participando neste plano formativo.
Cada curso académico poderán facer este programa simultáneamente un máximo de 30 docentes.
O Plano está deseñado para ser realizado en dous cursos académicos (prorrogables a outros dous como máximo), repartidos en dous módulos por curso. As persoas participantes deben cursar os catro módulos que compoñen o dito programa ao completo.
Lembrade que para inscribirse no Módulo 4 debedes ter rematados todos os cursos dos tres módulos anteriores.
A preinscrición realizarase a través de formularios electrónicos na web do CUFIE, dentro dos prazos establecidos, sinalados en cada un dos módulos formativos.
A preinscripción no Módulo 1 realizaráse durante o mes de outubro de 2024 e a do Módulo 2 no mes de febreiro de 2025.
A preinscripción no Módulo 3 realizaráse durante o mes de outubro de 2024 e a do Módulo 4 no mes de febreiro de 2025.
A preinscrición non implica estar matriculado no módulo por mor do límite de prazas. A confirmación da admisión en cada módulo comunicarase por correo electrónico ao enderezo electrónico que facilitará a persoa interesada no formulario de preinscrición. Posteriormente exporanse as listaxes na web do CUFIE.
Toda aquela persoa que non puider cursar o módulo en que sexa admitida, debe comunicalo ao CUFIE, para avisar outra persoa interesada da lista de agarda.
O prazo de notificación da renuncia ao módulo é de 7 días naturais antes do inicio do dito módulo e terá que ser enviada, por enderezo electrónico á dirección ufa@udc.es. Se non cumpre este prazo para darse de baixa, a persoa quedará sancionada.
As persoas admitidas que ao comenzo de cada unha das accións formativas que compoñen cada módulo, non accedan á plataforma dentro dos tres primeiros días lectivos serán automáticamente dadas de baixa e sancionadas.
SANCIÓNS: As persoas sancionadas pasarán ao final das listaxes de agarda na seguinte preinscrición.
Unha vez completado o plano de formación , emitirase un certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado polo vicerreitor de titulacións e internacionalización e o Director do CUFIE.
O profesorado que viñese realizando os cursos de formación a través do PFI ata o curso 2015/16 terán dous anos académicos para rematar o plano formativo nos mesmos termos nos que o estaban cursando ata que quede extinto. Isto quere dicir que terán prazas reservadas (5 en cada curso) naqueles cursos do PAE nos que soliciten ingreso, as prazas adxudicaránse por orde de recepción de solicitudes. Deberán inscribirse a través dos formularios regulares do PAE nos prazos indicados en cada unha das convocatorias.