O Plano de Formación Inicial está orientado a favorecer a mellora e desenvolvemento das competencias docentes do profesorado novel. Con este fin marcamos os obxectivos que se describen a continuación:
- Facilitar a integración dos profesores noveis á universidade, achegándolles o coñecemento do marco lexislativo e institucional no que se enmarca a Universidade da Coruña.
- Identificar os principais factores e elementos que inflúen no proceso de ensino-aprendizaxe: planificación da docencia, métodos de ensino, avaliación, motivación dos estudiantes, etc.
- Coñecer as posibilidades didácticas e empregar axeitadamente os distintos recursos para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe, sobre todo o uso das novas tecnoloxías da información e comunicación.
- Desenvolver unha actitude reflexiva sobre a práctica docente do profesorado principiantes creando un sentimento de pertenza, cunha identidade propia como docentes.
- Fomentar a responsabilidade social universitaria dene o punto de vista da docencia.
- Asumir a variabilidade de situacións e contextos (casuais ou motivados pola situación social) nos que se pode atopar o alumnado e a importacia de amosar certa flexibilidade de adaptación aos mesmos.
- Fomentar a relación, intercambio e colaboración entre o profesorado de diferentes departamentos e centros e aprender a traballar en equipos pluri/interdisciplinais.
- Concienciar na necesidade dunha renovación permanente de cara a unha cualificación profesional en función das demandas actuais dos contextos universitarios, propiciando un maior compromiso coa docencia.
- Planificar e aplicar o proceso de ensino-aprendizaxe de xeito sistemático e coherente a través da programación didáctica.