Formación EMI para docentes na UDC

Obxectivos e metas de aprendizaxe da formación:

  • Proporcionar unha gama de técnicas didácticas para a ensinanza do alumnado nacional e internacional na aula EMI.
  • Ofrecer apoio didáctico relevante e aplicable ao contexto disciplinar do profesorado EMI.
  • Consolidar novas aptitudes deseñando e impartindo unha clase de mostra.
  • Brindar retroalimentación de maneira individual e entre pares sobre o coñecemento e as prácticas adquiridas.
  • Consolidar un entendemento das preocupacións en educación EMI, baseándose nos resultados da investigación actual.
  • Desenvolver a conciencia lingüística e das habilidades comunicativas na ensinanza multimodal EMI.

Competencias a desenvolver. Ao final do curso poderás:

  • Comunicar información e conceptos ao teu alumnado en inglés de maneira máis efectiva.
  • Planificar cursos EMI, impartir clases e apoiar ao alumnado na súa aprendizaxe EMI con máis seguridade.
  • Coñecer unha ampla gama de técnicas metodolóxicas para a ensinanza multilingüe e multimodal.
  • Observar as prácticas doutros docentes e ofrecer/recibir retroalimentación de maneira crítica e construtiva.

Procesos e criterios de avaliación:

  • Observación e retroalimentación por pares da clase de mostra.
  • Retroalimentación e avaliación individual da clase de mostra e da reflexión crítica por parte do titor, acorde cos criterios de avaliación e acreditación de Oxford EMI Quality Mark.

 

A formación é íntegramente presencial e consta de dúas partes: a primeira teórica e a segunda práctica.

Para poder acceder á formación práctica é preciso ter superada a formación teórica.

CURSO: An Interactive and Active Learning Approach to Teaching EMI: Knowledge

LINGUA VEHICULAR DO CURSO: Inglés

RECOÑECEMENTO: Documento acreditativo da formación emitido polo CUFIE

PREINSCRIPCIÓN: Do 4 al 10 de novembro do 2024

Listaxe de preinscrición

Listaxe de admisión

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Por orde de chegada das solicitudes excepto as persoas que xa estén acreditadas para a docencia en inglés que quedan fóra desta convocatoria.

Ficha do curso

CURSO: An Interactive and Active Learning Approach to Teaching EMI: Practice, reflection and engagement

LINGUA VEHICULAR DO CURSO: Inglés

RECOÑECEMENTO: Documento de capacitación para o ensino en inglés emitido pola vicerreitoría de titulos e internacionalización.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: As prazas serán adxudicadas ás persoas que superasen o curso teórico: An Interactive and Active Learning Approach to Teaching EMI: Knowledge.

Ficha do curso