
Campamento multideportivo para rapaces e rapazas de entre os 6 e os 12 anos (data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2019).
Instalacións deportivas da UDC no campus de Elviña (A Coruña)
Actividades multideportivas de recreación, de tempo libre, ocio e lecer. Actividades medio ambientais, náuticas, xogos tradicionais galegos, xincanas, excursións, etc., todas elas adecuadas ás idades e ás instalacións dispoñibles. Para as actividades náuticas, os/as nenos/as terán que ter cumpridos os 8 anos.
Períodos de realización (de luns a venres)
Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h
Haberá, como mínimo, un/unha monitor/a dispoñible 45 minutos antes do comezo das actividades para a recepción dos/as nenos/as, no Pavillón de deportes do campus de Elviña, así como 15 minutos logo do remate, para a recollida por parte das persoas autorizadas.
Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h na Facultade de Dereito (fronte ao Estadio Universitario Mariña Dourada). O pagamento farase, polo período completo do campamento, ao número de conta do propio comedor.
Consulta na seguinte ligazón o programa de actividades. Campamento multideportivo Coruña
Prazos de inscrición:
comezarán o 2 de xuño ás 09:00 h (para traballadores/as da UDC: PTXAS, PDI e PEC) e o 9 de xuño ás 09:00 h (para alumnado UDC e persoas externas).
Rematarán, para todos os colectivos:
Titorial de cómo dar de alta e inscribir ao/á fillo/a:
Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar unha copia do Libro de Familia.
Todas as inscricións e pagos serán en liña.
As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo.
Descontos nas tarifas dun 10% para o/a segundo/a fillo/a e para todos os membros no caso de Familia Numerosa (deberán de presentar o Título de Familia Numerosa).
Máis información e inscricións: Campamento multideportivo Coruña

Destinado a rapaces e rapazas que saiban nadar en idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos (data de nacemento entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2016).
Instalacións: Marina Coruña, Paseo marítimo Alcalde Fco. Vázquez.
O obxectivo é a introdución en deportes náuticos.
Períodos de realización (de luns a venres):
Horario das actividades: de 9:00 a 14:30 h
Haberá, como mínimo, un/unha monitor/a dispoñible 30 minutos antes do comezo das actividades para a recepción dos/as nenos/as, nas instalacións de Marina Coruña, así como 30 minutos logo do remate, para a recollida por parte das persoas autorizadas.
Horario de comedor (opcional): de 14:30 a 15:30 h. Na cafetería da Reitoría. O pagamento farase, polo período completo do campamento, ao número de conta do propio comedor.
Consulta na seguinte ligazón o programa de actividades Campamento Actividades Náuticas
Prazos de inscrición:
comezarán o 2 de xuño ás 09:00 h (para traballadores/as da UDC: PTXAS, PDI e PEC) e o 9 de xuño ás 09:00 h (para alumnado UDC e persoas externas).
Rematarán, para todos os colectivos:
Titorial de cómo dar de alta e inscribir ao/á fillo/a:
Lembrade que no momento da inscrición deberedes de cubrir un cuestionario e achegar unha copia do Libro de Familia.
Todas as inscricións e pagos serán en liña.
As prazas son limitadas e serán cubertas por rigorosa orde de inscrición e pagamento ata completar o número máximo.
Descontos nas tarifas dun 10% para o/a segundo/a fillo/a e para todos os membros no caso de Familia Numerosa (deberán de presentar o Título de Familia Numerosa).
Máis información e inscricións: Campamento Actividades Náuticas