XXXVI Xogos Galaico-Durienses (XGD)

Vila Real (Portugal) 2025

Os Xogos Galaico-Durienses son unha competición deportiva destinada ao alumnado, persoal docente e investigador e persoal técnico de xestión e de administración e servizos das seis universidades existentes no espazo xeográfico do Norte de Portugal e Galicia: Universidade do Porto (UPorto), Universidade do Minho (UMinho), Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Universidade de Vigo (UVigo), Universidade da Coruña (UDC) e Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Tiveron a súa primeira edición, na Universidade da Coruña, en novembro de 1993. Este evento multideportivo acolle, en cada edición, a máis de 200 deportistas universitarios durante 2 ou 3 días e organízase de forma rotativa entre as 6 universidades. Nos últimos 30 anos organizáronse competicións en 28 modalidades deportivas, tendo sempre como premisa a equidade de xéneros na competición.


  • Datas: 21 e 23 de outubro de 2025
  • Lugar: Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Campus de Prados. Vila Real
  • Categorías e modalidades:
    • mixtas: campo a traves, orientación, tenis e volei praia.
    • feminina: balonmán
    • masculina: fútbol sala
  • Dossier. Regulamentos
  • Resultados
  • Clasificación xeral
  • Galería de imaxes