Internas

Para poder participar en calquera competición organizada pola Área de Deportes da UDC, deberá pertencer á Comunidade Universitaria (*) e deberán ter o "Abono Deporte" do curso académico en vigor.

(*) Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas. 

 

Ligas universitarias

Como inscribo un equipo nas ligas?

A inscrición do equipo na liga correspondente a fará unha das persoas do equipo que terá as funcións de “capitá/capitán”. No momento de inscribir ao equipo, obterá un código de identificación único por equipo. Este código será necesario para engadir xogadores/as ao equipo creado.

Como me inscribo como xogador/a nun equipo?

A inscrición se fai de forma individual. Para inscribirse nun equipo en concreto deberá ter o código do equipo en que se quere inscribir. Para iso, a persoa que exerce a súa capitanía, deberá compartir o dito código entre as persoas que quere que formen parte do seu equipo.

Unha vez formados os equipos, sempre que se cumpran os criterios do número mínimo de xogadores/as por equipo e do número de equipos mínimos por liga, publicaremos os calendarios de partidos na nosa web da Área de Deportes.

Bolsa de xogadoras/es sen equipo

Se non tes un equipo onde inscribirte, podes facelo na “Bolsa de xogadoras/es”. As/os capitás/capitáns poderán buscar nesta bolsa a xogadoras/es para incorporalas aos seus equipos.

Equipos e sistemas de competición

Os equipos deberán ter inscrito o número mínimo de xogadores/as establecido para cada modalidade deportiva antes da data de remate do período de inscrición ou quedarán excluídos.

Para poder organizar a liga terá que haber un número mínimo de equipos (6) que cumpran co anterior. O sistema de competición dependerá do número total de equipos que formen a liga.

 

Ligas 2025/26 (pendentes de convocatoria)

  • Prazo de inscrición de equipos:
  • Prazo de inscrición de xogadores/as: 
  • Inicio das ligas: 

 

1. Ligas universitarias (clasificacións 2024/25)

- Fútbol Sala

- Fútbol 7

- Baloncesto

- Pádel  (Antes de inscribirte na liga de padel revisa este documento para saber o teu nivel).

-Voleibol 

2. Regulamentos:

Fútbol sala: xogarase os martes, mércores e xoves entre as 15:00 e as 19:00 h no pavillón de deportes da Normal-Riazor.

- Fútbol 7: xogarase os luns, martes, mércores e xoves entre as 14:00 e as 16:00 h no campo de fútbol Victor Fernández Alonso e, excepcionalmente, os xoves de 18.30 a 22.30 h no campo de fútbol do Estadio Universitario do campus de Elviña.

- Baloncesto: xogarase os luns e xoves entre as 18:30 e as 21:30 h no pavillón de deportes do campus de Elviña.

- Pádel: xogarase das 09:00 ás 22:30 h nas pistas da UDC do campus da Zapateira.

-Voleibol: xogarase os luns e mércores de 18:00 a 20:00 h no pavillón de deportes do campus de Elviña

3. Sistemas de competición da liga de padel

4. Calendarios, resultados e clasificacións (pinchar, no punto 1, sobre a liga de interese)

Guía para subir os resultados da liga universitaria de pádel

5. Sancións

 

CAMPIONATOS INTERNOS

 

TENIS

Pista de tenis do campus de Elviña.

Pendente de convocatoria

 

PÁDEL

Pistas UDC do campus da Zapateira

Pendente de convocatoria

 

TIRO CON ARCO

Estadio Universitario A Mariña Dourada do campus de Elviña

Pendente de convocatoria