Para poder participar en calquera competición organizada pola Área de Deportes da UDC, deberá pertencer á Comunidade Universitaria (*) da UDC e deberán ter o "Abono Deporte" do curso académico en vigor.
(*) Alumnado de calquera dos tres ciclos: Grao, Máster e Doutoramento ou 1º, 2º e 3º ciclo da UDC, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, estudantes de programas de intercambio e estudantes de mestrados con seguro de cobertura de actividades deportivas.
Como inscribo un equipo nas ligas?
A inscrición do equipo na liga correspondente a fará unha das persoas do equipo que terá as funcións de “capitá/capitán”. No momento de inscribir ao equipo, obterá un código de identificación único por equipo. Este código será necesario para engadir xogadores/as ao equipo creado.
Como me inscribo como xogador/a nun equipo?
A inscrición se fai de forma individual. Para inscribirse nun equipo en concreto deberá ter o código do equipo en que se quere inscribir. Para iso, a persoa que exerce a súa capitanía, deberá compartir o dito código entre as persoas que quere que formen parte do seu equipo.
Unha vez formados os equipos, sempre que se cumpran os criterios do número mínimo de xogadores/as por equipo e do número de equipos mínimos por liga, publicaremos os calendarios de partidos na nosa web da Área de Deportes.
Bolsa de xogadoras/es sen equipo
Se non tes un equipo onde inscribirte, podes facelo na “Bolsa de xogadoras/es”. As/os capitás/capitáns poderán buscar nesta bolsa a xogadoras/es para incorporalas aos seus equipos.
Ligas 2025/26. Campus de Ferrol (pendente de convocatoria)
1. Ligas universitarias (clasificacións 2024/25)
- Fútbol 7
- Baloncesto 3X3 (pendente de convocatoria)
2. Regulamentos:
- Fútbol sala, xogarase de entre os luns a xoves das 14:00 e as 16:00 h. Pavillón de Esteiro.
- Fútbol 7, xogarase os luns entre as 21:30 e as 23:30 h. Campos da Gándara (herba artificial)
- Baloncesto 3X3, xogarase de entre os luns a xoves das 14:00 e as 16:00 h. Pavillón de Esteiro.
3. Sistemas de competicións ligas (fútbol 7 e fútbol sala) 2024/25
4. Guía de como subir os resultados da liga universitaria de baloncesto 3X3
5. Calendarios, resultados e clasificacións (pinchar, no punto 1, sobre a liga de interese)
6. Sancións