Anuario da Facultade

 

O Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña é unha canle de comunicación institucional coa comunidade científica e co conxunto de profesionais que desenvolven o seu labor no ámbito xurídico.

 

A revista científica da Facultade de Dereito xorde en 1997 cunha vocación interdisciplinaria e procura recoller e compartir as achegas doutrinais dos investigadores nacionais e estranxeiros coa a comunidade científica na esfera xurídica. Neste senso, o Anuario está aberto a todas as áreas de coñecemento, sendo que se teñen publicados traballos da máis variada natureza. Así mesmo, no entendemento de que o Dereito ten non só unha vertente teórica, senón tamén unha práctica, no Anuario dedícase unha sección a Comentarios de Xurisprudencia, na que participan expertos dos diferentes ámbitos do Dereito positivo mediante a análise das resolucións ditadas por órganos xurisdicionais, quer nacionais quer estranxeiros. A actualidade científica acha o seu acomodo nunha terceira sección baixo o título de Recensións, Notas e Varia. As referencias a monografías xurídicas que aparecen no mercado e que poden presentar un certo interese científico, así como os congresos, os seminarios, as xornadas, as reunións ou as conferencias impartidas constitúen o seu contido.

Dende o ano 2016, o Anuario publícase en versión electrónica, incrementando notablemente o impacto das súas publicacións.

Revista indexada en Latindex; Ulrich’s Periodicals Directory; Dialnet; CINDOC-CSIC; Dulcinea; IN-RECJ;DICE; RESH; ISOC (Clasificación CIRC 2012: Grupo B. CARHUS+ 2014 : Grupo B).

 

 

Órganos de Dirección

Directora

Noelia Collado Rodríguez

Profesora axudante doutora de Dereito Civil da UDC

Secretaria

Silvia Rodríguez López

Investigadora Postdoctoral UDC

 

Consello de Redacción e Científico

  • Prof. Dr. David José Soto Díaz. Profesor Axudante Doutor de Dereito Procesual da Universidade da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª María Ángeles Fuentes Loureiro. Profesora Axudante Doutora de Dereito Penal da Universidade da Coruña
  • Prof. Dr. Jorge Crego. Profesor Axudante Doutor de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª Silvia Rodríguez López. Profesora Interina de Substitución de Dereito Penal da Universidade da Coruña
  • Prof. Dr. Carlos María Díaz Teijeiro. Profesor Axudante Doutor de Dereito Civil da Universidade da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª Noelia Martínez Doallo. Prof. Axudante Doutora de Dereito Eclasiástico do Estado da Universidade  da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª Jennifer Sánchez González. Profesora Interina de Substitución de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña
  • Prof. Dr. Iván Vizcaíno Ramos. Profesor Axudante Doutor de Dereito do Traballo da Universidade da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª Patricia Llopis Nadal. Profesora Contratada Doutora de Dereito Procesual da Universidad de Valencia
  • Prof. Dr. Luciano Laise. Profesor Asociado de Filosofía do Dereito da Universidad de Piura
  • Prof.ª Dr.ª Leire Berasaluze Gerrikagoitia. Profesora de Dereito Penal da Universidad del País Vasco
  • Prof. Dr. Javier Avilés García. Catedrático de Dereito Civil da Universidad de Oviedo
  • Prof. Dr. Pablo Fernández Carballo-Calero. Profesor Titular de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo
  • Prof. Dr. José Antonio Cobacho Gómez. Catedrático de Dereito Civil da Universidad de Murcia
  • Prof. Dr. Rafael Colina Garea. Catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña
  • Prof. Dr. Javier Framiñán Santas. Profesor Titular de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela
  • Prof.ª Dr.ª Margarita Fuenteseca Degeneffe. Catedrática de Dereito Romano da Universidade de Vigo
  • Prof.ª Dr.ª Ascensión García Ruiz. Profesora Contratada Doutora de Dereito Penal da Universidad Complutense de Madrid
  • Prof.ª Dr.ª Alba Nogueira López. Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela
  • Prof. Dr. Fernando Peña López. Profesor Titular de Dereito Civil da Universidade da Coruña
  • Prof. Dr. Agustín Pérez-Cruz Martín. Catedrático de Dereito Procesual da Universidad de Oviedo
  • Prof. Dr. Ramón Rodríguez Montero. Profesor Titular de Dereito Romano da Universidade da Coruña
  • Prof.ª Dr.ª Eva Souto García. Profesora Contratada Doutora de Dereito Penal da Universidade da Coruña

 

Normas de Publicación

O Anuario publica traballos científicos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.

Darase prioridade ós traballos orixinais e inéditos. Os traballos xa publicados poderán incluírse no Anuario cando o número de colaboracións o xustifique e cando a Comisión de Selección o estime oportuno pola calidade ou o interese das aportacións.

O envío de orixinais estará aberto todo o ano e poderase facer a través da plataforma da revista (https://revistas.udc.es/index.php/afd/about/submissions) á que deberán acceder, previo rexistro, co seu usuario e contrasinal.

O Anuario publica traballos científicos inéditos sobre Dereito de investigadores de calquera centro de investigación nacional ou estranxeiro e de profesionais de recoñecido prestixio.

Excepcionalmente, poderán ser admitidos traballos xa publicados noutras sedes científicas en atención á calidade ou o interese das achegas, ao prestixio dos seus autores ou á importancia da sede en que foron anteriormente publicados. En ningún caso o número de achegas non orixinais superará o 20% do número total de traballos seleccionados.

Os traballos poderán presentarse en lingua castelá ou galega (de acordo coa lexislación autonómica vixente en materia de normalización lingüística). Tamén poden ser admitidos traballos en inglés.

A extensión máxima fixada para os traballos en cada unha das seccións é a seguinte:

  • Artigos doutrinais: 30 páxinas.
  • Comentarios de xurisprudencia: 15 páxinas.
  • Recensións: 10 páxinas.

Excepcionalmente, en atención ao posible interese e calidade do contido do traballo achegado, poderán admitirse traballos que excedan dos límites de extensión máxima antes sinalados.
Os traballos recibidos serán incluídos nas seccións do Anuario de acordo co seu contido.

  • Os orixinais deberán ser escritos a espazo simple, en letra Times New Roman, tamaño 12 en texto e 10 nas notas a pé de páxina.
  • O título da colaboración escribirase ao principio desta, en letra redonda e negra.Debaixo deste, no lado dereito, figurará, tamén en letra redonda, o nome e apelidos do autor, a súa condición académica e a Universidade á que pertence.
  • No caso de artigos doutrinais e notas de xurisprudenza, deberá engadirse un breve resumo (extensión máxima de dez liñas) do contido do traballo, na lingua escollida para realizar o traballo e noutra lingua das autorizadas para publicar no Anuario. Ademais, incluirase unha relación de palabras clave (entre cinco e dez) indicativas do contido do traballo, nos dous mesmos idiomas utilizados para o resumo.
  • Cando o traballo non sexa inédito, deberá indicarse esta circunstancia na primeira nota ao pé, sinalándose a sede na que foi publicado (título da colección ou da obra, ISBN ou ISSN, ano, número e páxinas).
  • Ao comezo do texto figurará un “Sumario”, no que se reflectirán os diversos epígrafes, ata un máximo de tres niveis por epígrafe, presentados de acordo coas instrucións que se sinalan a continuación.
  • Cando o traballo divídase en distintos epígrafes, os primeiros presentaranse en letra capital, con numeración romana e en grosa, indicando a continuación dun punto e seguido o título destes en letra maiúscula, redonda e negra. Non se utilizará punto ao final dos epígrafes.
  • As divisións dos epígrafes indicaranse con numeración arábica, tamén en grosa, seguida dun punto. Dentro destas, as novas divisións faranse, sucesivamente e sen grosa, con letras redondas seguidas de punto (A., B., etc.), letras minúsculas seguidas de paréntese [a), b), etc.] e letras minúsculas seguidas de punto e número arábico seguido de paréntese [a.1), a.2), etc.].
  • As notas faranse sempre a pé de páxina.
  • Ao final do traballo debe incluirse necesariamente un apartado de bibliografía, que levará este mesmo título, en letra redonda e negra.
  • As citas realizaranse conforme aos seguintes criterios:
    • 1ª CITA
      *De monografía:
      CASTRO Y BRAVO, F., El negocio jurídico, Madrid, 1971, pp. 76 y ss.
      *De artículo de revista:
      CASTRO Y BRAVO, F.,“Naturaleza de las reglas para la interpretación de la ley”, Anuario de Derecho Civil, nº30, 1977, pp. 809-858.*De obra colectiva:
      VV. AA., Comentarios al Código Civil (Bercovitz Rodríguez-Cano, Coord.), 4ª ed., Cizur Menor, 2013, pp. 43 y ss.
      *Capítulo de una obra colectiva:
      BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, “Comentario al art. 1”, en VV. AA., Comentarios al Código Civil (Bercovitz Rodríguez-Cano, Coord.), 4ª ed., Cizur Menor, 2013, pp. 43 y ss.
    • 2ª (y ulterior) CITA
      *De monografía:
      CASTRO Y BRAVO, F., El negocio jurídico, cit., p. 76.
      *De artículo de revista:
      CASTRO Y BRAVO, F.,“Naturaleza de las reglas…”, cit., pp. 816 y ss.
      *De obra colectiva:
      VV. AA., Comentarios al Código Civil, cit., pp. 43 y ss.
      *Capítulo de una obra colectiva:
      BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, “Comentario al art. 1”, cit., pp. 43 y ss.
    • No caso de citas de publicacións ou artigos recollidos en soporte electrónico, seguiranse os mesmos criterios establecidos para as editadas en soporte papel, facendo constar ademais a correspondente páxina web ou dirección URL en que se contivesen.

O Consello de Redacción someterá os traballos recibidos á avaliación de expertos e decidirá sobre a súa publicación. Os traballos serán avaliados por pares cegos.

As decisións serán comunicadas aos autores por correo electrónico. En caso de rexeitarse a publicación deberán indicarse os motivos esgrimidos polos avaliadores. En caso de que o traballo sexa aceptado con modificacións, concederáselle ao autor un prazo non inferior a quince días para a súa corrección.

As datas de envío e de aceptación de cada un dos traballos aparecerán nun lugar visible da publicación.

Se os traballos aceptados para a súa publicación non cumpren as condicións de edición expostas no apartado 2, devolveranse aos seus autores, concedéndolles un prazo non inferior a dez días para facer as correspondentes modificacións formais. Se un autor non devolve en prazo o traballo debidamente corrixido, entenderase que renuncia a publicalo no Anuario.

O feito de publicar no Anuario non impide que o autor proceda as posteriores publicacións noutros medios, sempre e cando faga constar a súa previa aparición nesta revista.

O Anuario non se identifica necesariamente co contido das opinións expresadas polos autores nos traballos que nel se encontran publicados, responsabilizándose aqueles, exclusivamente e para todos os efectos, deste.

 

Sumarios