A ApS é unha metodoloxía docente que combina os procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun único proxecto, no cal as persoas participantes traballan sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala.
Trátase dunha actividade formativa que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partir da práctica reflexiva.
A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da súa titulación.