As aulas existentes cobren todas as necesidades, posto que as hai de alta capacidade (en torno a 250 postos), de capacidade media (120) e pequenas (50), situadas no primeiro e no segundo andar do edificio. No andar baixo sitúanse o salón de actos e o de graos. O primeiro conta con máis de 300 butacas, megafonía e un sistema de tradución simultánea, deseñado para a súa utilización en grandes eventos. O salón de graos dispón de 100 asentos e posúe todos os recursos multimedia necesarios para o desenvolvemento de xornadas, de conferencias e de actos académicos.
Asimesmo, a Aula Net, situada no primeiro andar, ofrece aos alumnos da Facultade unha sala con máis de vinte equipos informáticos e a posibilidade de conexión de balde a Internet, baixo as condicións xerais de uso destas aulas.
Ubicación: Planta Baixa
Horario: 9:00h a 20:00h de luns a venres
Teléfono: 981 167 000 Ext:1638
Está situada na planta baixa da Facultade de Dereito. Nela están a disposición dos alumnos e dos profesores 20 equipos informáticos con procesadores de texto, posibilidade de acceso a Internet e impresora laser. É atendida por bolseiros especializados en informática.
Só poderán acceder a esta os alumnos matriculados na Facultade, que deberán identificarse ante o persoal encargado da aula mediante a presentación do carné universitario.
Existen a disposición dos alumnos 20 ordenadores portátiles de préstamo.
Dende esta páxina podes acceder ao sistema de reserva de aulas e espazos da UDC. Para acceder aos servizos da Universidade da Coruña debes usar as credenciais da UDC (usuario e contrasinal).
A biblioteca do Centro, que ocupa tres plantas do edificio, dispón de máis de 600 postos de lectura, de varios ordenadores e impresoras que se distribúen polos diferentes andares, material dirixido á consulta de catálogos de fondos e manexo de bases de datos. Na actualidade existen máis de 70.000 monografías catalogadas. Polo que se refire ao número de revistas hai subscrición aberta a preto de 500 de temática xurídica.
Por último, a Facultade conta con tecnoloxía sen fíos en todas as dependencias e espazos do centro, o que permite, logo de acreditación, a conexión a Internet sen fíos a través dun ordenador portátil.