---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Non é necesario. Pódense facer os tres meses repartidos en estancias en distintos centros de investigación estranxeiros e sen continuidade temporal.
Non son válidas. Para que computen para a mención internacional deben ser realizadas mentres o/a doutorando/a estea matriculado/a no programa de doutoramento.
(Artigos 36 e 40 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC)
Segundo o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, non existe restrición algunha para que as persoas expertas que informen a tese e a/as persoa/s responsable/s das estadías formen parte do tribunal da tese, sempre e cando sí exista na composición do tribunal avaliador al menos un/unha experto/a co título de doutor/a dunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio non españois, distinto da/s persoa/s responsable/s da estadía e das dúas personas expertas que infomen a tese de doutoramento
A declaración de equivalencia dos títulos estranxeiros de educación superior a nivel académico de Doutor correspondelles as universidades (Real decreto 967/2014, de 21 de noviembre). O procedemento que regula esta declaración está descrito na Resolución reitoral do 7 de outubro de 2015 .