Apertura da convocatoria SANTANDER X EXPLORER UDC 2025, que se impartirá na nosa universidade: Campus da Coruña e de Ferrol.
Os/as estudantes que se sumen a esta edición terán a oportunidade de formarse e adquirir as habilidades emprendedoras e comunicativas que axudan á súa empregabilidade, así como os coñecementos necesarios para construír e validar unha idea de negocio que contribúa a lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible para o ano 2030.
Os/as participantes accederán a unha comunidade global de mozos innovadores que vai ir crecendo edición tras edición coa incorporación de Explorer de diferentes paises.
Unha vez finalizado o proceso de formación, os proxectos que completen as actividades do programa recibirán un certificado de participación. Ademais, os proxectos que resulten gañadores recibirán un premio.
A convocatoria para participar no programa permanecerá aberta ata o 17 de decembro. AMPLIACIÓN PRAZO!!!
As persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio poderán acceder a toda a información en explorerbyx.org e deberán presentar a súa candidatura (soa ou en equipo- máximo 5 persoas).