Co obxectivo de axilizar a xestión dalgunhas prácticas académicas externas vinculadas a convenios específicos, desde a Unidade de Emprego da UDC establécese o seguinte procedemento:
Con carácter anual, aproximadamente nos meses de marzo/abril, remítese desde a Unidade de Emprego un correo electrónico ás persoas coordinadoras de prácticas dos centros e aos decanatos, coa finalidade de informar da apertura do prazo para a presentación das solicitudes de prácticas correspondentes ao vindeiro curso académico en distintas entidades coas que existen convenios específicos:
Unha vez recollidas as solicitudes dos centros da UDC, estas son remitidas pola Unidade de Emprego ás distintas entidades. Posteriormente, as entidades realizarán unha proposta de prácticas, da que se informará ás persoas responsables de prácticas das titulacións seleccionadas.
Nota: No caso das prácticas a desenvolver no Sergas, o proceso de solicitude articúlase en dúas convocatorias: a primeira, conxuntamente co resto das entidades nos meses de marzo/abril, para prácticas a realizar no primeiro cuadrimestre do curso seguinte; e unha segunda convocatoria no mes de outubro, destinada ás prácticas do segundo cuadrimestre dese mesmo curso.