O Sistema de Garantía da Calidade (SGC) do centro ten como obxectivo garantir a calidade de todas as titulacións adscritas á mesma, revisando e mellorando os seus programas formativos sempre que se considere necesario, en función das necesidades e expectativas dos seus grupos de interese, que será informado puntualmente, e mantendo permanentemente actualizado o propio SGC.
A Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol dispón da certificación do deseño do seu sistema de garantía de calidade a data 16 de decembro de 2024 segundo as directrices do programa FIDES-AUDIT da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
O equipo de dirección do Centro é consciente da importancia que ten consolidar unha cultura da calidade no ámbito universitario, polo que a considera como un factor estratéxico para conseguir que as competencias, habilidades e aptitudes tanto das súas egresados, como dos seus estudantes e de todo o seu persoal sexan recoñecidas polos empleadores e pola sociedade en xeral.
Este equipo de dirección dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas de todos os grupos de interese que forman parte do Centro. A fin de satisfacelos, comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo. Por todo iso, a dirección da Escola adquire o compromiso de garantir a calidade do Centro, baseando as súas actuacións na análise das necesidades e expectativas de todos os seus grupos de interese. A nosa política de calidade persegue os seguintes obxectivos xerais:
Difúndese a Política de Calidade do Centro, revisada en Xunta de Centro o 21 de decembro de 2021.
Composición dos principais órganos e comisións do centro:
Buzón de suxestións