A UDC conta entre as súas estruturas de organización con unidades de igualdade para o desenvolvemento das funcións relacionadas co principio de igualdade entre mulleres e homes. Dispón de unha Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), que foi aprobada na sesión do Consello de Goberno do 14 de decembro de 2006 e a OIX leva en funcionamento desde o día 10 de marzo de 2007. A Oficina para a Igualdade de Xénero ten como misión velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de acadar a plena incorporación das mulleres a vida política, cultural e científica no seo da UDC.