Facultade de Ciencias da Saúde

Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (UDC) créase no ano 2001 (Diario Oficial de Galicia de 12 de decembro de 2001). Atópase no Campus Universitario de Oza, na cidade de A Coruña. Inclúe unha oferta formativa moi variada, especializada no ámbito de coñecemento das Ciencias da Saúde, con diversas titulacións de Grao, Mestrado, Doutoramento e Estudos Propios:

  • Grao en Terapia Ocupacional, reconocido pola Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais (WFOT), no periodo 2022-2029. Foi a primeira en adaptarse, a nivel estatal, ás ensinanzas do Espacio Europeo de Educación Superior.
  • Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades: Investigación e innovación sociosanitaria, Fundamentos de investigación biomédica e Investigación clínica.
  • Mestrado Universitario en Xerontoloxía, impartido como título interuniversitario, pola UDC e a Universidade de Santiago de Compostela. As especialidades son Xerontoloxía Clínica e Social.
  • European Master of Science in Occupational Therapy. Consta de 6 módulos, acoLLidos por diversas universidades europeas. A UDC imparte un módulo de 12 ECTS.
  • Tres Programas Oficiais de Doutoramento: Doutoramento en Ciencias da Saúde, Doutoramento en Neurociencias e Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana.
  • O título de Estudos Propios denominado Mestrado de Formación Permanente en Xerontoloxía e Xeriatría.