A Facultade | Graos | Mestrados | Doutoramento | Investigación | Calidade | International Students
Esther Rabuñal Bermúdez, estudante durante o pasado curso 2015/2016 do Mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, foi premiada no IV Concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero Ángeles Alvariño, na categoría de traballos de fin de mestrado, polo seu estudo Redemption trough the blues: Shug Avery, Mary Agnes ["Speak"] and Billie Holiday. O traballo contou coa dirección da profesora María Frías Rudolphi.
O concurso é convocado anualmente pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC para premiar traballos de grao e de fin de mestrado defendidos no curso anterior en calquera das titulacións oficiais impartidas na UDC. O certame, dotado cun premio de 300 €, valora, entre outros aspectos, a relevancia e orixinalidade da temática do TFM e das súas achegas, a calidade do traballo e a dificultade da súa realización.