A Facultade | Graos | Mestrados | Doutoramento | Investigación | Calidade | International Students
A biblioteca da Facultade de Filoloxía desenvolve, con motivo do Día do Libro, unha campaña de liberación de fondos bibliográficos, isto é, de cesión de libros aos nosos usuarios para que estes os incorporen ás súas bibliotecas persoais.
A partir do luns 24 de abril os materiais dispoñibles situaranse en expositores na entrada da biblioteca.