O Plano de Acción Titorial (PAT) da Universidade da Coruña foi implementado co fin de adaptar a cultura de titorización do profesorado á filosofía e obxectivos neste campo marcados para o Espazo Europeo de Educación Superior.
O PAT ten como principais obxectivos mellorar a calidade formativa do proceso de titorización do profesorado e oferecer a cada estudante universitario o apoio e o acompañamento académico dunha persoa de referencia no centro de estudos durante toda a súa traxectoria formativa.
A Facultade de Filoloxía desenvolveu o correspondente Plano de Acción Titorial xa desde o curso 2007–2008, adiantándose ás directrices marcadas polo Espazo Europeo de Educación Superior. Neste momento, a totalidade do alumnado do centro, tanto de grao como de mestrado, participa nel e conta cun/ha titor/a desde o inicio dos seus estudos.
O desenvolvemento do PAT na Facultade de Filoloxía acompaña as indicacións emanadas da coordenación do PAT da Universidade da Coruña.
Atribución de titor/a a grupos
Atribución de titor/a ao alumnado de primeiro ano do PAT
2022/2023 Graos | Mestrados | Reasignación