A Facultade | Graos | Mestrados | Doutoramento | Investigación | Calidade
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía convoca para os días 4-8 de abril a maratona de lectura Irmandades da Fala. Voces de hoxe dirixida a toda a comunidade da Universidade da Coruña.
A maratona celebrarase na biblioteca da Facultade de Filoloxía de 13 a 14 horas e consistirá nunha lectura continuada de textos producidos polo movemento irmandiño ou que garden relación con algunha das facetas do seu pensamento.
De non teren localizado o fragmento, os participantes poderán escollelo alí entre os volumes que a biblioteca exporá durante a súa celebración.
Pódese acceder ao cartaz aquí.