Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade


Convocatorias

XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio
da Facultade de Filoloxía para todo o estudantado da UDC

A Facultade de Filoloxía convoca o XXIV Premio de Creación Literaria e Ensaio dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.

As modalidades de participación son tres:

  • Textos en lingua castelá (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
  • Textos en lingua galega (poesía, narrativa, ensaio e teatro)
  • Textos en lingua inglesa (poesía, narrativa, ensaio e teatro)

O premio consistirá nun vale canxeable por libros, cortesía da Libraría Xiada, e a publicación conxunta dos traballos gañadores e dos accésits.

O xurado estará composto por profesorado da Facultade de Filoloxía e personalidades de recoñecido prestixio cultural.

Para máis información, consúltese o texto completo da convocatoria.

Data límite de recepción dos traballos: 21 de abril de 2017 ás 14 h.