A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais fixo pública unha Instrución de traballo sobre o acceso aos centros da Universidade da Coruña (UDC) fóra do horario habitual de apertura aprobada pola Xerencia da UDC.
Esta instrución é de aplicación para todos os colectivos da universidade (PDI, PAS, persoal de proxectos, alumnado etc.).
A instrución establece que para acceder aos edificios fóra do horario habitual deberase solicitar autorización mediante o formulario pertinente.
A tal fin, na Facultade de Filoloxía o formulario de solicitude estará dispoñible tanto na secretaría do decanato como na web, mediante este enlace.
Este formulario entregarase cumprimentado na secretaría do decanato con tres días de antelación á data na que se desexa acceder ao centro. Para acceder durante o fin de semana, poderase entregar ata as 14 h do mércores anterior.
A persoa autorizada contactará co servizo de vixilancia (teléfono 676 42 55 86) no momento de acceder ao centro. Asimesmo, comunicará a este servizo o momento en que o abandona.
A instrución abonda en outros aspectos que cómpre ter en conta, como a obriga de comunicación ao servizo de vixilancia para quen prolongue a súa xornada de traballo a horarios non habituais, as normas de actuación en caso de emerxencia e os teléfonos de axuda.