Normativa sobre asignación e cambio de grupo
Poderase solicitar cambio de grupo ata 10 días lectivos despois do inicio do curso, ou nos 10 días naturais seguintes á formalización da matrícula, ou noutro momento de se tratar dunha causa sobrevida.
Os motivos para o cambio, debidamente xustificados, poderán ser:
- Coincidencia acreditada con outras materias ou estudos oficiais
- Dificultades acreditadas para o uso do transporte público
- Maternidade, paternidade, coidado de maiores ou dependentes
- Incompatibilidade acreditada co horario de traballo
- Calquera outro que, pola súa relevancia, poida terse en consideración
O cambio de grupo ou a asignación a un grupo concreto poden quedar restrinxidos en caso de que o tamaño dos grupos resultantes quede considerablemente irregular. Nestes casos habilitarase a posibilidade de permuta de grupo entre estudantes.
O/a decano/a, ou a persoa do equipo decanal en quen delegue, resolverá as solicitudes, poderá solicitar información complementaria e interpretará estas normas.
Procedemento para a solicitude de cambio ou asignación de grupo
As solicitudes de cambio ou asignación de grupo realizaranse mediante os formularios establecidos e virán sempre debidamente cumprimentadas e acompañadas da documentación xustificativa pertinente.
As solicitudes presentaranse na administración do centro ou por correo electrónico a decanato.filoloxia@udc.gal. En caso de remisión por correo electrónico, debe facerse desde o enderezo que a UDC proporciona a cada estudante.
Solicitude de cambio de grupo por solapamento de horarios
Solicitude de cambio de grupo por outros motivos | Solicitud de cambio de grupo por otros motivos
Solicitude de asignación de grupo | Application for group adscription