A Facultade | Graos | Mestrados | Licenciaturas | Doutoramento | Investigación | Calidade
O máster interuniversitario e interdepartamental en Lingüística aplicada está dirixido a graduados en Filoloxía, Linguas, Lingüística, Tradución e Interpretación, Humanidades e Socioloxía, ou con formación académica afín.
Este título permite que os estudantes adquiran e/ou reforcen unha formación lingüística avanzada (módulo de cursos obrigatorios, con materias de carácter metodolóxico e fundamental) e se especialicen nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos que están agrupadas as materias optativas:
· Adquisición e ensino de linguas
· Comunicación e recursos lingüísticos
· Léxico, gramática e variación
1. Profesorado altamente cualificado.
2. Profesorado invitado de recoñecido prestixio.
3. Workshops asociados.
4. Titorización individualizada.
5. Matrícula a tempo completo ou parcial.
6. Validación de materias cursadas previamente nas condicións estipuladas polas universidades responsables.
7. Prácticas en empresas e institucións públicas.
8. Alumnado internacional.
1. Afondar no campo da lingüística teórica e aplicada e na dimensión social da linguaxe.
2. Capacitar o alumnado para que adquiran un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
3. Proporcionar os fundamentos metodolóxicos e críticos que lles permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora, cunha formación versátil e interdisciplinar.
4. Preparar o alumnado para saber actuar en entornos profesionales multidisciplinares e diversificados.
5. Capacitar o alumnado para o manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos.
6. Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos.