Solicitude de certificados

Que tipo de certificados se poden solicitar?

Pódense solicitar, entre outras, as seguintes certificacións:

  • Certificados relativos á participación do persoal investigador en proxectos internacionais, nacionais e autonómicos de I+D+i.
    • A certificación do persoal colaborador dos proxectos faina o IP do mesmo
  • Certificados relativos ao Catálogo de Investigación: pertenza a un grupo, coordinación, etc...
  • Certificados relativos á convocatoria de “Axudas á investigación UDC”
  • Concesión de estadías doutras convocatorias de movilidade.
  • Certificados relativos ao persoal contratado con cargo a programas de Recursos Humanos, e con cargo a proxectos e axudas de investigación. Os certificados de persoal contratado poden ser de tres tipos:
    • ANEXO I de certificación de servicios previos
    • Para méritos como contratado en proxectos
    • Para a exención de taxas académicas (se reúnen o requisito de ter estado contratado pola UDC polo menos 15 meses)
  • Certificados relativos a bolsas predoutorais remuneradas
  • Certificados relativos a contratos, para a prestación de servizos de carácter científico, tecnolóxico, humanístico ou artístico, Art. 60 amparados na LOSU (a partires do ano 2012)
  • Certificados de protección de resultados de investigación (Patentes, Modelos de Utilidade, Rexistro de la Propiedade Intelectual, etc.)
  • Certificados de licenzas de explotación de resultados de investigación
  • Certificados de EBT´s (só das Spin-Off participadas pola UDC)

 

Como podo solicitar un certificado?

Pode solicitarse a certificación escribindo un correo electrónico á sección correspondente, indicando o siguiente.

Certificados relativos á participación do persoal investigador en proxectos nacionais e autonómicos

Solicitar o certificado a proxectos@udc.es, indicando:

  • Nome completo e DNI
  • Código do proxecto e nome do/a IP do mismo

Certificados relacionados coa participación do persoal investigador en proxectos internacionais de I+D+i

Solicitar o certificado a opi@udc.gal, indicando:

  • Nome completo e DNI da persoa solicitante
  • Título, siglas do proxecto e a súa referencia
  • Nome completo da IP do proxecto
Para calquera outro proxecto xestionado pola ORI, como proxectos Erasmus+ , solicitar o certificado a proxectos.ori@udc.gal, indicando:
  • Nome completo, DNI e departamento
  • Título, siglas do proxecto e a súa referencia
  • Nome completo do/a IP do proxecto

Certificados relativos ao Catálogo de Investigación

Solicitar o certificado a catalogo@udc.gal, indicando

  • Nome completo e DNI
  • Nome de grupo de investigación ou unidade de investigación

Certificados relativos á convocatoria de “Axudas á investigación UDC”

Solicitar o certificado a axudasudc@udc.gal, indicando:

  • Nome completo e DNI
  • Axuda solicitada (Visitas/encontros de investigadores, Organización de congresos e xornadas, Intensificación participación convocatorias internacionais, Estadías posdoutorais de investigación, Compensación gastos asociados á tramitación de patentes, Apoio á atracción de talento)
  • Ano correspondiente á convocatoria

Concesión de estadía doutras convocatorias de movilidade

Solicitar o certificado a outrasaxudas@udc.gal, indicando:

  • Nome completo e DNI
  • Nome da convocatoria de movilidade e ano da convocatoria
  • Información relativa á estadía: centro de destino, datas

Certificados relativos ao personal contratado

Para o personal contratado con cargo a programas de Recursos Humanos, solicitarase o certificado a programas.rrhh@udc.es. A certificación para o personal contratado con cargo a proxectos e axudas de investigación farase na conta de correo contratos@udc.es
En ambos os casos, indicar nome completo, DNI e no caso de meritos, tamén os proxectos nos que foi contratado.

Certificados relativos a bolsas predoutorais remuneradas

Solicitar o certificado a programas.rrhh@udc.es , indicando:

  • Nome completo e DNI
  • Os períodos en que se realizaron, con indicación expresa das datas de comezo e fin de cada período.

De ser posible, adxuntar coa solicitude toda a documentación acreditativa que se teña disponible.

Certificados relativos a contratos Art.60

Solicitar o certificado a otc@udc.gal indicando:

  • Nome completo e DNI da persoa solicitante
  • Código do contrato e nome do/a IP

Certificados de protección de resultados de investigación (Patentes, Modelos de Utilidade, Rexistro da Propiedade Intelectual, etc.)

Solicitar o certificado a otc@udc.gal indicando:

  • Nome completo e DNI da persona solicitante
  • Título, ano e número de solicitude da invención protexida na que figura como autor/a

Certificados de licenzas de explotación de resultados de investigación

Solicitar o certificado a otc@udc.gal indicando:

  • Nome completo e DNI da persoa solicitante
  • Identificación do contrato que contén a licenza
  • Denominación do resultado licenciado do que é autor/a

Certificados de EBT´s (Spin off da UDC)

Solicitar o certificado a otc@udc.gal indicando:

  • Razón social
  • CIF
  • Ingresos por ventas /Nº de traballadores/as