O Laboratorio de Radioactividade Ambiental da Universidade da Coruña (LRA-UDC) foi creado en 1997 tras a sinatura dun convenio de colaboración co Consello de Seguridade Nuclear (CSN), polo que pasou a formar parte da Rede de Estacións de Mostraxe (Revira), sendo o único en toda a comunidade autónoma de Galicia para este fin e con estas características.
Ten un director e tres técnicos, que se amosan na seguinte imaxe, respectivamente.
|
JOSÉ LUIS CALVO ROLLE
|
|
ALBERTO OTERO PAZOS
|
|
SONIA CASAL ROMERO
|
|
ALFONSO CALLEJA GARCÍA
|
Desde a súa creación, o LRA-UDC realizou diversos tipos de traballos para organizacións públicas, empresas, universidades e particulares. Estes van dende a caracterización radiolóxica de mostras ambientais (aire, auga, leite, solo e dietas típicas) para o CSN (Consello de Seguridade Nuclear) desde 1997, ata a caracterización radiolóxica de residuos de tanques de gaseiros para Navantia desde 2004, e a caracterización radiolóxica de lodos vermellos, alúmina e aluminio para Alcoa, entre outros.
Outra liña de traballo do LRA-UDC céntrase na medición de gas radón (medición continua e detectores de trazas). O LRA-UDC leva medindo o gas radón nos edificios de Navantia Ferrol-Fene desde 2012, en todos os edificios da Universidade da Coruña desde 2013, en Alcoa desde 2015 e en todos os edificios de Telefónica na comunidade autónoma de Galicia, así como en edificios das Illas Canarias, Ávila, Segovia e Collado Villalba, desde 2016, entre moitos outros.