Green Campus

A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.

Máis información

Dra. Alsira Salgado Don

Coordinadora Green Campus Riazor

ETS de Náutica e Máquinas - Universidade da Coruña

Accións

Marzo Ambiental 2026

Inscricións abertas ata dous días antes da actividade. O día antes recibirás no teu correo-e os detalles e necesidades, e confirmación ou lista de agarda na actividade, en caso de contar con límite de prazas.

Inscricións: https://forms.office.com/e/RXW13pDbqf

Ferrol

  • 04/03/2026, 09:00-11:00h. Obradoiro “Reciclaxe creativa”. EUDI. Imparte Jessica Martin.
  • 05/03/2026, 17:30-18:30h. Conferencia “Arte e reciclaxe”. F. Humanidades. Imparte Sumarte.
  • 06/03/2026, 16:00-19:00h. Obradoiro “Repair café”. Edificio de Apoio ao Estudo. Imparte ESF.
  • 18/03/2026, 09:00-11:00h. Obradoiro “Pegada de carbono”. EUDI. Imparte OdS-UDC.
  • 18/03/2026, 16:00-18:00h. Voluntariado “Limpeza de praias”. Praia de Caranza. Imparte OdS-UDC.
  • 24/03/2026, 17:30-19:00h. Obradoiro “Horta e compostaxe”. Campus Esteiro. Imparte Os Picos do Sol.

A Coruña

Semana 2-8 marzo

  • 02/03/2026, 16:00-17:30h. Palestra práctica “As hortas do Campus de Elviña”. Imparte Xan Pouliquen.
  • 03/03/2026, 11:30-13:00h. Palestra “O proxecto Mulleres Colleiteiras”. F. CC. Educación. Imparte Mulleres Colleiteiras.
  • 04/03/2026, 12:30-13:30h. Obradoiro “Compostaxe e biodiversidade”. U. Senior. Imparte OdS-UDC.
  • 05/03/2026, 10:00-13:00h. Visita técnica “Planta de xestión de residuos de Nostián”. Saída desde F. Ciencias.
  • 05/03/2026, 16:00-17:00h. Palestra telemática “Pode escoitarse o son das plantas? Técnicas de biosonificación”. Imparte Federico Seineldin desde Uruguay para o Green Campus da F. Ciencias da Saúde.
  • 05/03/2026, 17:00-17:30h. Palestra telemática “Inmigración en España e o proceso de integración social”. Imparte Samantha Narváez para o Green Campus F. CC. Saúde.
  • 05/03/2026, 18:00-18:45h. Palestra telemática “Coidado ambiental da colección da documentación histórica”. Imparte Biblioteca da Antiga Guatemala para o Green Campus F. CC. Saúde.
  • 05/03/2026, 16:00-18:00h. Voluntariado ambiental “Reparación do valado de pedra seca do Monte da Fraga”. Imparte ADEGA.

Semana 9-15 marzo

  • 10/03/2026, 20:00h. Radio-Palestra “Importancia da contorna para o desenvolvemento e participación das persoas con enfermidades raras e sen diagnose”. ‘Enworking’ de CUAC FM, coa FEGEREC.
  • 10/03/2026, 11:00-13:00h e 16:00-18:00h. Obradoiro “Onde vai cada cousa?”. F. Ciencias. Imparte Green Campus Ciencias.
  • 10/03/2026, 18:00-19:00h. Palestra “Cidadanía e Economía Circular: o novo Plan Municipal de Residuos da Coruña”. F. CC. Educación. Imparte Concello da Coruña.
  • 11/03/2026, 12:30-13:30h. Palestra “O proxecto Mulleres Colleiteiras”. U. Senior. Imparte Mulleres Colleiteiras.
  • 11/03/2026, 12:00-13:00h. Palestra “O soporte de Windows 10 remata nuns meses, vai valer o meu pc para actualizar a Windows 11? E agora que fago con ese pc?”. F. Informática. Imparte ESF.
  • 12/03/2026, 17:00-18:00h. Voluntariado “Limpeza do entorno natural”. Campus de Oza. Imparte Luís Márquez.
  • 11/03/2026, 16:00-17:00h. Palestra “Alimentación e ciclo menstrual”. F. CC. Saúde. Imparte Nutriciona.
  • 13/03/2026, 12:00-13:00h. Palestra “Alimentación para os-as deportistas”. F. CC. Deporte. Imparte Nutriciona.
  • 14/03/2026, 12:30-13:30h. Roteiro “Un día no Monte da Fraga”. Encontro: Praza da Fraga. Imparte CEM.

Semana 16-22 marzo

  • 17/03/2026, 11:30–13:00h. Palestra “Residuos e compostaxe na UDC”. F. CC. Educación. Imparte OdS-UDC.
  • 17/03/2026, 18:00–19:00h. Palestra “Cultura Oceánica e Lixo Mariño”. F. CC. Educación. Imparte CEIDA.
  • 17/03/2026, 15:30–19:30h. Mesa redonda “O monte vivido: memoria, sustentabilidade e futuros ambientais”. F. Socioloxía. Imparte María Bella, Coop. Azul Mais Verde, e Noortje Keurhorst, U. Vigo.
  • 18/03/2026, 12:30–13:30h. Palestra “Alimentación saudable e sustentable”. U. Senior. Imparte Nutriciona.
  • 18/03/2026, 13:00–14:30h. Palestra “A infraestutura negra na toma de decisións sobre investimentos”. F. Economía e Empresa. Imparte Slowlight.
  • 18/03/2026, 21:00h. Roteiro nocturno “Contaminación luminosa e arte pola Coruña”. Encontro: Praza de Azcárraga. Imparte Slowlight.
  • 18/03/2026, 16:00–18:00h. Obradoiro “Reciclaxe con material de limpeza ambiental”. F. CC. Saúde. Imparte Luís Marquez.

Semana 23-29 marzo

  • 24/03/2026, 11:30-13:00h. Obradoiro “Eco-auditoría da auga”. F. CC. Educación. Imparte Manuel Soto.
  • 24/03/2026, 18:00-19:00h. Palestra “Moda sustentable”. F. CC. Educación. Imparte Alejandro Fdez. Marzoa.
  • 24/03/2026, 20:00h. Radio-Palestra “As ludopatías e a súa contorna”. ‘Enworking’ de CUAC FM, coa AGALURE.
  • 24/03/2026, 15:30-17:30h. Mesa redonda “Alta Costura: dialogando sobre a industria da moda desde as artes escénicas e as ciencias sociais”. F. Socioloxía. Imparte compañía teatral Elefante Elegante e GID ACHEGA-UDC.
  • 24/03/2026, 10:00-13:00h. III Xornada “Intercambio de plantas”. F. Ciencias. Imparte UDC Big Bang.
  • 25/03/2026, 12:30-13:30h. Palestra “Eficiencia enerxética na UDC”. U. Senior. Imparte Jesús Giz, VIS-UDC.
  • 25/03/2026, 17:30-18:15h. Palestra “A fisioterapia como apoio aos operativos en caso de emerxencia e catástrofe”. F. Fisioterapia. Imparte Alexandre Silva, ES Saude Santa María, Porto.
  • 25/03/2026, 18:15-19:00h. Palestra “Green Prehabilitation: Enhancing Health and Sustainability through Physiotherapy”. F. Fisioterapia. Imparte Rudi Steenbruggen, Senior Lecturer (Netherlands).
  • 25/03/2026, 11:00-13:30h. Obradoiro “Elaboración de xabón de reciclaxe”. EU Arquitectura Técnica. Imparte OdS-UDC.
  • 28/03/2026, 11:00-13:00h. Voluntariado ambiental “Nin chan nin mar: as cabichas ao seu lugar”. Encontro: Praza da Fraga. Imparte ADEGA.

Durante todo o mes

  • IV Edición Concurso de fotografía “20 anos do Monte da Fraga”. Envío de fotografías do 1 ao 20 de marzo a ciendeca@udc.es
  • VI Edición Concurso de fotografía “Bioarte”. Envío de fotografías do 2 ao 27 de marzo a green.campus.fcs@udc.es

Exposicións (visita libre)

Nos vestíbulos das seguintes Facultades da UDC:

  • F. Dereito. Exposición Pegada Ecolóxica
  • F. Socioloxía. Exposición O prato de Harvard
  • U. Senior. Exposición Residuos na UDC: Modelo Nostián
  • F. CC. Educación. Exposición Residuos na UDC: Modelo Nostián
  • F. Fisioterapia. Exposición Aproximación á mobilidade universitaria na Coruña
  • F. Economía e Empresa. Exposición Rede Natura 2000
  • F. Ciencias. Exposición As aves de Galicia
  • ETS. Náutica e Máquinas. Exposición Compra saudable

INSCRÍBETE XA!

OLA!! Newsletter, xaneiro 2026. Nutriciona, UDC Saudable e Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

Xa está dispoñible a newsletter de xaneiro de 2026 de UDC Saudable, elaborada por Nutriciona, UDC Saudable e a Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. O boletín recolle accións de promoción da saúde, alimentación saudable, inclusión e benestar dirixidas á comunidade universitaria.

Entre os seus contidos inclúense recomendacións prácticas para unha alimentación equilibrada en diferentes contextos académicos, información sobre actividades formativas e divulgativas en materia de nutrición e saúde, así como entrevistas e testemuños que contribúen a visibilizar realidades relacionadas coa saúde e a diversidade funcional. A newsletter inclúe tamén iniciativas vinculadas á vida activa, ao consumo responsable e á mellora do benestar no ámbito universitario.

Máis información

10 e 12 de xuño de 2025, 16-19 horas, aula 2 do Centro Universitario de Riazor (CUR), Escola de Alimentación UDC, UDC Saudable

Ábrese o prazo de inscrición ata o 9 de xuño (pdi, ptxas e estudantado) para o seminario estival da Escola de Alimentación UDC Saudable sobre Planificación do menú semanal e batchcooking. 
 
Inscrición en nutriciona.udc.saudable@nutriciona.es (nome completo, facultade ou escola e DNI)
 
Datas: 10 e 12 de xuño de 2025, 16-19 horas. Aula 2 do Centro Universitario de Riazor.
 
Poderase solicitar o recoñecemento das horas cursadas segundo a Resolución reitoral de 23/11/2023 pola que se establecen as actividades polas que se recoñecen os créditos.

Máis información   

 
Dentro da acción de "Aproximación a mobilidade universitaria da Coruña", na SEM (Semana Europea da Mobilidade 2024), que este ano leva o lema "Espazo público compartido: Combina e móvete!" Recursos campaña 2024, a ETSNM presenta os "10 motivos para andar en bici".
 

Ligazón do código QR da imaxe: Aproximación á mobilidade no campus universitario

No tienes que afrontarlo en soledad.
Contacta con profesionales altamente cualificados y con un fuerte compromiso con tu bienestar emocional.

Afrontemos