Na natureza, a bioloxía e a industria, existen numerosos exemplos de situacións que se poden modelar como problemas de interacción fluído-estrutura (FSI). Interésanos especialmente os casos nos que unha das dimensións físicas implicadas na descrición do problema é significativamente menor que as outras, o que leva a un problema de interacción fluído-estrutura delgada (FTSI). Ademais, en moitos casos, a deformación da estrutura delgada está restrinxida ou influenciada pola presenza doutro obxecto, o que leva a problemas de contacto fluído-estrutura delgada (FTSIC). Nesta investigación, desenvolveremos e analizaremos novos modelos que describan este tipo de escenarios. Estes modelos estarán apoiados por resultados de análise matemático e numérico rigorosos. Tamén deseñaremos algoritmos numéricos para a súa implementación informática, o que permitirá a simulación e a aplicación práctica destes novos modelos.
Rodríguez-Arós, Á., Cao-Rial, M.T. Asymptotic analysis of linearly elastic shells in normal compliance contact: convergence for the elliptic membrane case. Z. Angew. Math. Phys. 69, 115 (2018). https://doi.org/10.1007/s00033-018-1008-8