Máster en Enxeñaría Mariña

Co Máster en Enxeñaría Mariña adquirirás as competencias a nivel de xestión para o desenvolvemento da actividade profesional de Xefe/a de Máquinas da Mariña Mercante segundo o STCW (Standards of Training, Certification and Watchkeeping).

Adquirirás competencias para o desenvolvemento de actividades de inspección tanto no ámbito da Administración, como das sociedades de clasificación. Tamén poderás traballar dentro da administración marítima, navieiras, estaleiros e instalacións enerxéticas e industriais.

Ademáis de todo o anterior, adquirirás os coñecementos necesarios para dar inicio á actividade investigadora e a elaboración dunha tese de doutoramento.

Díptico Máster en Enxeñaría Mariña (descarga en pdf)

 

Acceso a todos os trámites de preinscrición e matrícula

 

Máis

Máster en Náutica e Transporte Marítimo

Co Máster en Náutica e Transporte Marítimo adquirirás as competencias a nivel de xestión para o desenvolvemento da actividade profesional de Capitán da Mariña Mercante.

Adquirirás competencias para o desenvolvemento de actividades de xestión tanto no ámbito da Administración, como no ámbito marítimo privado (estaleiros, navieiras, aseguradoras do sector, consignatarias, náutica deportiva). Tamén adquirirás coñecementos para o desenvolvemento de actividades económicas, xurídicas o tecnolóxicas no sector do negocio marítimo.

Ademáis de todo o anterior, adquirirás os coñecementos necesarios para dar inicio á actividade investigadora e á elaboración dunha tese de doutoramento.

Díptico Máster en Náutica e Transporte Marítimo (descarga en pdf)

 

Acceso a todos os trámites de preinscrición e matrícula

 

Máis