O Grupo de Neurociencia e Control Motor. Fundouse no ano 1998 e actualmente forma parte do Departamento de Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. É un grupo multidisciplinar formado por investigadores con competencias en medicina, bioloxía, ciencias da actividade física, fisioterapia ou psicoloxía. As nosas liñas de investigación son as seguintes:
- Alimentación e funcionamento cognitivo
- Estimulación cerebral non invasiva en modelos de epilepsia
- Importancia dos sistemas de retroalimentación na visión e namemoria de traballo en modelos animais
- O papel do circuito tálamo-cortico-talámico no procesamento visual e a sua relación cos procesos de atención
- O control motor en nenos con alteracións no neurodesenvolvemento (ou risco de padecelas) e as posibles estratexias terapéuticas e contextualización no entorno
- Neurorrehabilitación non farmacolóxica en maiores e enfermos neuropsiquiátricos
- Estudo da fatiga humana en actividades da vida diaria