O vindeiro xoves 29 de xaneiro ás 12.30 horas, vía TEAMS, impartiremos unha charla informativa sobre o procedemento de avaliación da materia "Prácticas Externas" do último curso.
Trataremos temas como a dinámica de entrega de informes parciais, seguimento de prácticas e titorías, avaliación continua e puntos importantes para a confección e redacción da memoria final.
Debedes ter en conta que a entrega de informes máis a memoria de prácticas supoñen o 40% da cualificación da materia, polo que consideramos moi importante vosa presenza na sesión informativa.
Publicado por: Facultade de Turismo