A Coruña, 9 de outubro de 2025.- O Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo (SRDA) da Universidade da Coruña pon en marcha unha iniciativa para dar a coñecer de forma aberta e sinxela o patrimonio documental co que conta a institución coruñesa. O obxectivo é trasladar tanto á comunidade universitaria como á cidadanía o valor destes fondos (pergameos medievais, mapas antigos, primeiros expedientes de escolas como Náutica e Comercio,...).
Así, baixo o título “O Recuncho singular” lánzase unha exposición virtual que acolle nunha primeira fase 16 títulos, actualmente custodiados polo Centro de Documentación e Arquivo (CEDAR), a unidade especializada no tratamento e xestións destes fondos.
Ademais do acceso á reprodución dixital dos documentos, ofrécese unha breve nota sobre cada obra e a contorna na que se produce, así como a ligazón a Galiciana, onde se poderá consultar a súa descrición técnica.
Visita O Recuncho Singular premendo aquí.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC