6 meses, 6 causas: Mulleres e Saúde 2025-2026

6/10/25 8:45

Mulleres e Saúde, Eixo 3 do Plan de Vida Saudable e Benestar: Un Compromiso coa Comunidade, UDC Saudable.

Co programa '6 Meses, 6 Causas: Mulleres e Saúde' quérese poñer o foco nas necesidades reais das mulleres, xerando espazos de coñecemento, reflexión e acción que contribúan a mellorar a súa saúde física, emocional e social. Este programa pretende consolidar o compromiso da UDC coa promoción de hábitos saudables e o benestar integral da súa comunidade, incorporando a perspectiva de xénero como elemento fundamental. O Plan Vida Saudable e Benestar: un Compromiso coa Comunidade 2025-2030 posiciónase así como unha ferramenta estratéxica para construír unha universidade máis saudable, equitativa e responsable socialmente. 

Máis información   

Publicado por: UDC Saudable