Curso de formación básica en Voluntariado e cooperación ao desenvolvemento

23/02/26 12:53

Ábrese a inscricion para a formación básica en voluntariado (12 h)

Datas: O 6 e 7 de marzo 

Lugar: Aula 2 Centro Universitario de Riazor.

Horario: 
Venres de 16:00 a 20:30 e sábado de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 

Modalidade: Presencial.

Contidos:

1. Módulo 1. Dereitos e deberes da persoa voluntaria. Riscos do voluntariado.

2.Módulo 2. As motivacións do voluntariado. O traballo en grupo.

3. Módulo 3. Introdución á cooperación e á EDCG. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Voluntariado en cooperación ao desenvolvemento.
4. Módulo 4. As habilidades sociais e a asertividade nas relacións de axuda.

Para a obtención do certificado será necesaria a asistencia ao 85% das horas presenciais.
Priorizarase na inscrición ás persoas voluntarias que se incorporen a proxectos da Oficina de Cooperación e Voluntariado.

Este curso está financiado con cargo á Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD)

Inscrición

Publicado por: Oficina de Cooperación e Voluntariado