Exposición 'Verán Gamer'

7/07/25 0:30

Este verán, na Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación queremos ofrecerche novas formas de desfrutar do tempo libre. Xa está dispoñible a exposición Verán Gamer ��, unha mostra que recolle algúns dos videoxogos que forman parte do fondo da biblioteca e que están dispoñibles para préstamo.

Ademais dos propios xogos, na exposición tamén podes atopar libros de arte dalgúns destes títulos, que ofrecen unha perspectiva creativa especialmente interesante para o alumnado de CDAV, futuros creadores e deseñadores de videoxogos.

Porque o verán é un momento perfecto para gozar da lectura... pero tamén para descubrir novos mundos virtuais ����.

 

 

Publicado por: Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación