FORO AVANZA 2024 DA UDC: XORNADAS E FEIRA DE EMPREGO

10/10/24 14:57

FORO AVANZA UDC 2024

Un evento decisivo para prepararte para o mundo laboral que abrangue as Xornadas de Emprego (prefeira) e a Feira de Emprego con 40 empresas participantes coas que poderás contactar nos seus stands e nas súas actividades durante a feira
Coñéceas e que te coñezan!

FORO AVANZA 2024

Formulario de inscrición

Dirixido a: Estudantes e persoas egresadas en todos os estudos da UDC e persoas interesadas en xeral

 

1. XORNADAS DE EMPREGO 

Lugar: Salón de Graos da FEE (Facultade de Economía e Empresa), UDC

Días: 15 e 16 de outubro, de 10:00 a 14:00 h

Relatorios e obradoiros sobre temas de empregabilidade (+ info polo miúdo ver PROGRAMA na páx. web de Emprego UDC)

https://www.udc.es/es/emprego/formacion/obradoiros/

 

      2. FEIRA DE EMPREGO 

Lugar: Pavillón de Deportes da UDC, Campus de Elviña

Día: 17 de outubro, de 10:00 a 14:00 h e de 15:30 a 19:00 h

Empresas participantes: 40 stands  VISÍTAAS!

 

ACTIVIDADES DE INTERESE PARA TODAS AS PERSOAS ASISTENTES:

  • Presentacións das empresas (COÑÉCEAS). Nota: algunhas delas realizarán sorteos ao principio ou final da actividade
  • Probas de selección (entrevistas ou dinámicas de grupo). Podes informarte no PROGRAMA DA FEIRA para máis detalle. 

 

OFERTAS

  • Remitímosvos á páxina web da Feira, concretamente ás FICHAS DAS EMPRESAS PARTICIPANTES e ao epígrafe correspondente (punto 4. OFERTAS) que informa de procesos de selección que se realizarán na propia feira, aínda que todas as empresas queren coñecerte no seu stand e se o teu perfil lles encaixa poden facerche unhas preguntas. Prepara o contacto coa empresa e aproveita esta oportunidade!! 
  • Case todas as empresas publican a súa páxina web de EMPREGO onde podes buscar ofertas que respondan ao teu perfil e intereses xa sexa para emprego ou prácticas. 

 

SORTEOS

  • Sorteo Xeral: Algunhas empresas colaboran con este evento achegando distintos produtos de merchandising (suadoiros, camisetas, bolsas, tote bags, cadernos, bolígrafos etc), vales regalo, cea, asesoramento gratuito en temas de emprendemento, etc. 
  • Sorteos particulares: Outras empresas tamén colaboran realizando os seus propios sorteos ao comezo ou remate da súa presentación. 

 

 

 

 

 

 

Máis información   

Publicado por: Emprego