Intercambio académico coa Universidad Sénior da UPV, en maio de 2026

21/01/26 12:44

A Universidade Sénior oferta a participación do alumnado nunha nova edición do Intercambio coa UPV que será desenvolvido no vindeiro mes de maio.

No presente curso 2025-2026, a Universidade Sénior celebrará unha nova edición dos Intercambios Académicos coa Universitat Senior da Universitat Politècnica de València.

Así, entre o 11  e o 15 de maio de 2026, un grupo de alumnos e alumnas da Universidade Sénior da Universidade da Coruña terá ocasión de participar nun intercambio co programa universitario para maiores de Valencia cun completo programa de actividades académicas, sociais e culturais, desenvolvidas coa colaboración de docentes da Universitat Politècnica de València e mailo acompañamento de alumnado da Universidad Senior da UPV.

Descargar díptico co Programa provisorio do Intercambio Académico 2026 (PDF)

O vindeiro 26 de xaneiro de 2026, ás 10:30 horas, na Aula 2 da Universidade Sénior na Coruña en Normal (Paseo de Ronda, 47) terá lugar unha reunión informativa á que están chamados a participar todos os alumnos e alumnas interesadas.

No Campus de Ferrol, a reunión informativa terá lugar ese mesmo día 26 de xaneiro de 2026, ás 13:00 horas, en Aula 0.0 do Edificio de Apoio ao Estudo do campus de Esteiro.

Descarga de documentos informativos:

Todos os aspectos do procedemento de solicitude e admisión ao Intercambio Académico está recollido na Convocatoria de Selección de alumnado sénior participantes no intercambio académico 2026 (PDF).

O alumnado interesado en participar neste Intercambio Académico, poderá formalizar a súa solicitude, entre o 26 de xaneiro e o 11 de febreiro de 2026, ás 12 horas, mediante un formulario electrónico dispoñible na seguinte ligazón: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 


 

Mais información e asistencia á inscrición nas Secretarías da Universidade Sénior:

 

Universidade Sénior. A Coruña
Edificio Normal - Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, 1º
15011 A Coruña
Teléfono: 881014507
secretaria.senior.coruna@udc.es

Solicitude de cita previa

Universidade Sénior. Ferrol
Edificio de Usos Administrativos (1º andar)
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Teléfono: 981 337 400. Extensión: 3631
secretaria.senior.ferrol@udc.es

Solicitude de cita previa

 

 


 

Publicado por: Universidade Senior